Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público para a contratación, mediante procedemento aberto con tramitación urxente, das obras de reparación de cuberta e obras varias no IES A Farixa, Ourense, e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

A) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B) Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta e obras varias no IES A Farixa de Ourense. (Expediente OU 1/2001).

b) Prazo de execución: 10 meses.

c) Orzamento da obra: 18.068.820 pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.2.a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta de ximnasio, biblioteca e obras varias no IES nº 1 Universidade Laboral de Ourense. (Expediente OU 2/2001).

b) Prazo de execución: 10 meses.

c) Orzamento da obra: 15.428.314 pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.3.a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta e carpintería exterior no IES de Bande (Ourense). (Expediente OU 3/2001).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 10.486.508 pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.4.a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta, pista polideportiva e obras varias no CEIP de Castrelo do Val (Ourense). (Expediente OU 4/2000).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 11.598.600 pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.5.a) Descrición do obxecto: cubrición de pista polideportiva no CEIP da Ponte, Ourense. (Expediente OU 5/2000).

b) Prazo de execución: 6 meses.

c) Orzamento da obra: 13.996.371 pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: exenta.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, a partir das 9 horas do segundo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Programación e Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na rúa Concello 11 Ourense, teléfono 988 38 66 57.

Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 27 de marzo de 2001.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Luis Vázquez Fernández

Delegado provincial de Ourense