Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (67/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Santiago de Compostela dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 67/2000 se acordou citar a Agustín Fernández Leis, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 8 de abril, ás 10.30 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de asistir ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, prevíndoo de que de non o facer recaerá sobre o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Agustín Fernández Leis, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o doce de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado