Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001 pola que se inscribe á Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos, de data 22 de febrero de 2001.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 124.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo