Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 9 de novembro de 2000, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2001, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e polo Concello de Redondela (Pontevedra), e realizadas por petición dos concellos as oportunas rectificacións polas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña e Pontevedra, respectivamente, cómpre face-las correspondentes rectificacións na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 23 de novembro de 2000, así:

-No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 15.628, onde di: «71. Pontes de García Rodríguez, As: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo,

Luns día do Carme» debe dicir: «71. Pontes de García Rodríguez, As: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de xullo».

-No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 15.632, onde di: «46. Redondela: 28 de febreiro, Mércores de Cinza; 23 de abril, Luns de Cristo», debe dicir: «46. Redondela: 23 de abril, Luns de Cristo; 14 de xuño, Xoves da Coca».

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais