Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de marzo de 2001 pola que se publica a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas con ánimo de lucro e se regula o procedemento para a súa concesión.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece no seu artigo 39.5º que os estudios de música se poderán

cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. Estes estudios en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con validez académica e profesional.

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril), regula a creación e o funcionamento das escolas de música da Comunidade Autónoma de Galicia; no seu punto 12 clasifica as escolas de música como públicas ou privadas, segundo que o seu titular sexa un organismo de carácter público, ou persoa física ou xurídica de carácter privado.

Co fin de potencia-lo funcionamento das escolas de música privadas e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPOÑO:

Primeiro.-Faise pública a convocatoria de axudas destinadas a subvenciona-lo funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música privadas que radiquen na Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o prazo límite de xustificación de gastos.

Non se poderán acoller a esta convocatoria aquelas escolas privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Segundo.-Poderán solicitar estas subvencións os titulares das escolas de música sinaladas no punto anterior que teñan, na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas.

Terceiro.-O importe total das axudas será de dous millóns vintecatro mil pesetas (2.024.000) e librarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.322E.470.0 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. En calquera caso, a contía máxima da axuda por beneficiario non poderá supera-la cantidade de cincocentas mil pesetas (500.000).

Cuarto.-As solicitudes, segundo o modelo de instancia e mailo anexo que figura nesta orde, xunto coa documentación xustificativa correspondente, dirixiranse ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e presentaranse no rexistro xeral da consellería; edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela, ou nos lugares que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días hábiles

contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude debe ir xunto coa seguinte documentación:

a) Breve memoria descritiva dos obxectivos que se pretenden alcanzar mediante as actividades que se realicen no ano 2001.

b) Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.

c) Orixinal ou fotocopia cotexada de certificación bancaria a nome do solicitante, na que conste o número de conta na que desexe que se lle ingrese, se é o caso, o importe da axuda.

d) Declaración xurada de ter solicitada, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras administracións ou entes públicos ou privados.

e) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade se se trata de persoa física, ou documentación acreditativa no suposto de persoas xurídicas.

Quinto.-Na valoración de solicitudes teranse en conta, polo menos, os seguintes aspectos:

1. Número de alumnos/as.

2. Ensinanzas que imparte a escola.

3. Número de profesores/as.

4. Dimensións das instalacións.

5. Volume de orzamento da escola de música.

A concesión das subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva.

Sexto.-A Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para complementa-lo expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

Calquera alteración que se produza nos datos contidos na documentación que se xunta á solicitude será comunicada polo solicitante á mencionada dirección xeral.

Sétimo.-Baixo a presidencia do director xeral de Centros e Inspección Educativa ou persoa en quen delegue constituirase unha comisión encargada de valora-las solicitudes presentadas e que estará integrada por:

-Polo subdirector xeral de Programación.

-Polo xefe do Servicio de Xestión e Programas Educativos.

-Polo xefe do Servicio de Programación.

-Por n inspector central.

-Por un inspector de Educación designado polo director xeral de Centros e Inspección Educativa.

-Polo asesor técnico de ensinanzas artísticas da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

-Por un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario con voz e sen voto.

A comisión poderá solicitar, en todo momento, a asistencia daqueles funcionarios que considere oportuno, que no caso de acudir ás reunións desta o fará con voz e sen voto.

Oitavo.-A comisión elaborará unha proposta provisional de adxudicación das axudas que se lles notificará ós interesados para que estes, no prazo de 10 días hábiles, poidan formula-las alegacións que consideren oportunas. Valoradas as alegacións, a comisión elevará a proposta definitiva de adxudicación das axudas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para a resolución que proceda.

Noveno.-A resolución de concesión de axudas dictada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria publicarase no Diario Oficial de Galicia no prazo máximo de seis meses, contados desde a publicación desta orde. As solicitudes denegadas serán motivadas.

No suposto de que non recaese resolución expresa dentro do prazo máximo previsto, o sentido do silencio será negativo.

Esta resolución, que esgotará a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Décimo.-As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a sufraga-los gastos de carácter fixo e recorrente que se especifiquen no anexo.

O pagamento realizarase de conformidade co disposto nos artigos 16 e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 11 de decembro).

En todo caso o beneficiario presentará, antes do 15 de outubro de 2001, a xustificación completa.

Para que se poida dar curso ós libramentos, o solicitante deberá achega-las xustificacións mediante a presentación de facturas orixinais, nóminas, boletíns de cotización á Seguridade Social, documentos de retencións do imposto da renda das persoas físicas, certificacións bancarias, certificacións de obra e documentos similares.

Ademais, deberá acreditar previamente ó cobramento que se encontra ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Así mesmo, de acordo co artigo 15.4º do mencionado Decreto 287/2000, do 21 de novembro, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Exceptúanse do disposto no parágrafo anterior as axudas e subvencións financiadas con cargo a fondos do FEOGA-Garantía.

A xustificación deberase facer sobre o investimento total, e, de non producirse este, minorarase a subvención na mesma proporción.

As xustificacións referidas serán dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos; rúa San Lázaro, nº 107, 15771 Santiago de Compostela.

Décimo primeiro.-A Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, a través dos servicios provinciais de Inspección, poderá realizar un seguimento da aplicación das subvencións nas escolas de música beneficiarias destas.

Así mesmo, o beneficiario ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Inter

vención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Décimo segundo.-Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, tal como se establece no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro), polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Décimo terceiro.-Nas comunicacións, publicidade e propaganda das escolas de música que obteñan axuda deberá figurar que están subvencionadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co seu respectivo anagrama ou logotipo.

Décimo cuarto.-O beneficiario da subvención deberá proceder ó reintegro das cantidades recibidas e mais dos xuros de demora, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e Decreto 287/2000, do 21 de novembro, cando exista por parte del incumprimento da obriga de xustificación, obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos nas bases reguladoras para a súa concesión, ou por incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

Décimo quinto.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición adicional

No non previsto nesta orde haberá que aterse ó Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (DOG do 29 de decembro), e Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medias fiscais e de réxime orzamentario e administrativo (DOG do 29 de decembro).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria