Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

A necesidade de adecua-la relación de postos de traballo na clase de farmacéuticos titulares á realidade actual, así como un mellor cumprimento das funcións que teñen atribuídas os servicios provinciais de Protección da Saúde, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, no referente ó persoal da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de marzo de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vintenove de marzo de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública