Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de febreiro de 2001 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Nebrija-Pardo Bazán das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Nebrija-Pardo Bazán das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pola que se solicita autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta as disposicións transitorias terceira, letra c) e cuarta do Real decreto 1004/1991,

así como os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-la autorización definitiva, para imparti-la educación secundaria obrigatoria e o bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais ó centro privado Nebrija-Pardo Bazán das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), do que os demais datos se relacionan no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Localidade: As Pontes de García Rodríguez.

Enderezo: Pardo Bazán, 118-122.

Código do centro: 15013621.

Denominación específica: Nebrija-Pardo Bazán.

Titular: centros Nebrija-Pardo Bazán, Sociedad Limitada.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Bacharelato: 4 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.