Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.464

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de marzo de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais, e que ten como misión fundamental potencia-lo Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas xerais figura o Programa de Apoio á Innovación. A innovación tecnolóxica é crucial para a competitividade industrial, o desenvolvemento económico e social sostido e a creación de emprego; por iso é o albo ó que apunta o Plan no seu conxunto e determina, en gran medida, as súas características.

A xestión e o financiamento deste programa está encomendado á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

En consecuencia, e para pór en marcha os instrumentos previstos no Plan para a execución dos seus programas e, neste caso concreto, para a exe

cución do Programa de Innovación e como continuación das accións realizadas no ano 2000,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a seguir se indican como instrumentos ordinarios do Programa de Innovación e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias, que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva:

1. Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas de xestión de innovación e axudas para a realización de proxectos cooperativos con centros tecnolóxicos (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos empresariais de innovación tecnolóxica (anexo II).

3. Bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia. Prórrogas e novas concesións (anexo III)

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento destinará ata un máximo de 55.000.000 de pesetas que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2004, de acordo coa seguinte distribución: 20 millóns no 2001, 20 millóns no 2002, 10 millóns no 2003 e 5 millóns no 2004.

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 360.000.000 de pesetas que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2004, de acordo coa seguinte distribución: 200 millóns no ano 2001, 100 millóns no 2002, 50 millóns no 2003 e 10 millóns no 2004.

Non obstante, no caso das actuacións ás que se refire o punto 3, alínea b), do anexo II, as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración poderanse librar directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 prevista para o anexo I desta convocatoria e respectando os límites antes citados.

Para as bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 6.050.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (4.300.000 pesetas no ano 2001 e 1.750.000 pesetas no 2002).

Tódalas cantidades antes citadas se poderán incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugna

dos polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro.

Artigo 4º

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento será de 6 meses, contados desde a publicación desta orde no DOG. De non mediar resolución expresa, no dito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que deriven desta convocatoria, que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non se estima-la presentación deste recurso os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 5º

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 6º

As resolucións de concesión de axudas dictadas ó abeiro da presente orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas de xestión de innovación e axudas para a realización de proxectos cooperativos con centros tecnolóxicos

Estas axudas teñen como finalidade incentiva-la realización por parte de equipos de investigación de proxectos de investigación aplicada en temas de xestión de innovación, así como fomenta-la realización de proxectos cooperativos de innovación tecnolóxica entre grupos/equipos consolidados e de excelencia con centros tecnolóxicos de Galicia alleos ós organismos públicos de I+D da Comunidade Autónoma.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que baixo a dirección continuada dunha delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación que, baixo a dirección dun deles, realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos que fornecen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estable, bolseiros predoutorais ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso, para os efectos desta convocatoria, se admitirá como persoal vinculado ó organismo aquel que estea contratado ou como bolseiro con cargo a un proxecto independentemente do organismo financiador.

1. Grupos solicitantes.

Para poderen participar nesta convocatoria os investigadores deberán integrarse en grupos que se han de manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación dela e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria, non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Así mesmo, no caso de proxectos cooperativos, o grupo/equipo solicitante (consolidado ou de excelencia) deberá ter subscrito un acordo de colabo

ración ou carta de intencións para a realización do proxecto cun centro tecnolóxico de Galicia alleo ós organismos públicos de I+D da Comunidade Autónoma.

Para os efectos da presente convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en temas de innovación, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos arredor de liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación, cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir, como mínimo, as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso, e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo de segundo ano.

1.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter, como mínimo, as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e ter alomenos un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüedade mínima como doutor de catro anos e acreditar nos últimos catro anos unha actividade investigadora que, como mínimo, responda algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/es investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria, o seu tamaño mínimo incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

1.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e deberá ter, alomenos, dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que, como mínimo, responda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o seu tamaño mínimo incrementarase incorporando, alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas dun importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente, o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores que serán considerados, para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida, se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son, como mínimo, iguais ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base. Como investigadores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores sen vinculación, que non serán computados na valoración do mesmo. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e especialistas pertencentes a outros grupos para accións específicas, que só serán considerados para os efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden optar os grupos e limitacións que afectan os seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1. Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e, polo tanto, unha axuda que só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte do mesmo. A contía máxima desta axuda ascende

a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha única vez.

2.1.2. Limitacións.

Os grupos en formación, e polo tanto os seus membres, mentres desfruten dunha axuda concedida ó abeiro desta convocatoria non poderán dispor ou participar en ningún proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados ós que se lle comunicara con posterioridade ó 21 de marzo de 2000 e ata a data de peche desta convocatoria a concesión dun proxecto aplicado do Plan Nacional relativo a innovación ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar dun proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda, que abranguerá como máximo un período de tres anos, será de catro millóns no caso de proxectos do Plan Nacional e de seis millóns no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de quince millóns de pesetas para un período de tres anos que se computarán a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite, o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado, requerirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá cumpri-los requisitos esixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos e vinculación estable poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous, se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos e vinculación estable poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous, se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos e vinculación estable poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e nun, se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgunha das tres alíneas anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa con ata dous proxectos doutros programas do Plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002 os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas na alínea 2.2.1 a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de cinco millóns para proxectos do Plan Nacional e sete millóns para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de vinte millóns de pesetas para un período de tres

anos que se computarán a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite, o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os seus membros cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no número 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación, coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no número 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Innovación do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa con ata dous proxectos doutros programas do Plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro do 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 300.000 pesetas referidas ós conceptos específicos recollidos nos números 4.4. e 4.5. das presentes bases, sempre en relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de inves

tigación establecidos na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participaren no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante.

O modelo oficial de solicitude número INN-1 (a primeira folla do cal se publica como anexo IV á presente orde), está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/

sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo, deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto e contempla-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador, requirirase que dea o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de maio de 2001.

4. Conceptos subvencionables. En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que a seguir se relacionan, ben que cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (número 2.1) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (número 2.4).

O importe máximo por este concepto será de 6.600.000 pesetas para proxectos de tres anos, 4.400.000 pesetas para proxectos de dous anos e 2.200.000 pesetas para proxectos dun ano e no caso dos incentivos de grupo/equipos consolidados ou de excelencia (alíneas 2.2.1.a) e 2.3.1.a) das presentes bases) poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible debidamente xustificado.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (específiquense no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou corrixa as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facer, considerarase desistido da súa solicitude e procederase, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e, no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia), a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá determina-lo transvasamento de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será rea

lizada por unha comisión de selección designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta, en orde decrecente de importancia, os seguintes criterios:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos.

b) A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Innovación.

d) O interese, relevancia e oportunidade dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto proposto a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación proxectada.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

O solicitante deberá comunicar que acepta da concesión e da contía da axuda para a realización do proxecto aprobado.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia, así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1 a), 2.2.1 a), 2.3.1 a) e 2.4 respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto, acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese. Ademais, no caso das axudas recollidas no número 2.4 requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se do analise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento do proxecto, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que poderá convoca-lo investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores, que, no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse

no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagas de conformidade co disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos empresariais de innovación tecnolóxica

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial, co fin de incrementar tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, considera do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación empresarial.

Desde o punto de vista estructural, esta acción non define modelos de actuación predeterminados. Con todo, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de investigación, sen prexuízo da consideración favorable con que se contemplen os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nestas bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións delas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo establecidos na Comunidade Autónoma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que, debido á carencia de medios adecuados, encargan a totalidade ou parte da investigación que se realizará no proxecto a equipos das universidades, dos centros públicos de investigación ou dos centros tecnolóxicos de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos que se computarán a partir da adxudicación das axudas.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 75% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto no caso de que se trate de investigación industrial e ata un 50% no caso de actividade de desenvolvemento precompetitiva. Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou estudios críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos productos, procesos ou servicios, ou contribuír a mellorar considerablemente os productos, procesos ou servicios existentes. Pola súa parte, por actividade de desenvolvemento competitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano,

esquema ou deseño para productos, procesos ou servicios novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén a formulación conceptual e o deseño doutros productos, procesos ou servicios, así como proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, sempre que os ditos proxectos non poidan converterse ou utilizarse para aplicacións industriais ou a súa explotación comercial.

Poderanse incluí-los custos seguintes:

5.1. Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto. Só será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela, nin a tivese nos dous últimos anos, debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 6.600.000 pesetaspara proxectos de tres anos, 4.400.000 pesetas para proxectos de dous anos e 2.200.000 pesetas para proxectos dun ano.

A empresa poderá computar como achega súa á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial a que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de mozos titulados universitarios e de formación profesional de segundo grao ou ciclo superior. As ditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de suvbención deberán reuni-los requisitos e condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria e requrirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

5.2. Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material a escala de laboratorio e de planta piloto pero en ningún caso se admitirá material a escala productiva (investimentos productivos).

5.3. Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto debidamente xustificados.

5.4. Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto, tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso estes gastos poderán supera-lo 5% do custo do proxecto.

5.5. Custos de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia debidamente xustificados.

5.6. Gastos para a protección dos resultados da investigación.

5.7. Outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes segundo o número INN-2 (a primeira folla do cal se publica como anexo V a esta orde) está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos: http://

www.cesga.es/sxid, ou http://www.xunta.es/conselle/

preside/sxid/index.htm.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e na Seguridade Social.

2) Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4) Declaración expresa de estar ó día de pagamento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

5) No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato de colaboración asinado entre a empresa e o organismo/s publico/s de investigación que realizará/n o proxecto ou que colaborará/n na súa realización ou no seu defecto unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación dos dito/s organismo/s público/s, así como a descrición detallada e xustificada dos gastos.

6) Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de maio de 2001.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou corrixa as deficiencias, coa advertencia de que, de non facelo, considerarase desistido da súa solicitude, procedéndose conforme o disposto

no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario. A comisión terá en conta, por orden decrecente de prioridade, os seguintes criterios:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Innovación.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma no sector.

d) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

9.1. Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

9.2. Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

9.3. Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas de Seguridade Social.

9.4. Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

9.5. No caso de proxectos plurianuais, aval bancario ou de entidade aseguradora conforme o establecido na normativa vixente, por un prazo que medie

entre a data de solicitude de pagamento da corrrespondente anualidade e a data límite de xustificación da última anualidade.

9.6. Para efectua-lo último pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

9.7. No caso de proxectos da modalidade B, copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderanse presentar como xustificante para o cobro desa anualidade.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o límite establecido no punto 5 das presentes bases. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto derivara unha mala utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos do proxecto. Neste contexto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá asignar a cada proxecto un investigador titor que,

baixo a coordinación do xestor do programa, poida colaborar no seu desenvolvemento e seguimento.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación. Esta poderá convoca-lo responsable da empresa, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto, incluída unha posible patente.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagas segundo o disposto no artigo 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

ANEXO III

Bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia

A) Nova adxudicación.

O obxecto desta convocatoria é a concesión dunha bolsa dun ano de duración, prorrogable por un máximo doutros dezaoito meses, logo de solicitude, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto, destinada a titulados superiores, co fin de que se incorpore ó Centro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía), colaborando nas actividades de investigación que nel se desenvolven.

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a estas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto, se o houbese, no ano 1996 ou en data posterior.

2. Contía da bolsa.

O importe da bolsa incluirá:

2.1. Unha asignación mensual de 140.000 pesetas brutas mensuais. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2002, unha liña tendente á homologación con bolsas estatais, no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

O seguro de asistencia médica será extensible, de se-lo caso, ó cónxuxe e fillos do beneficiario cando éste careza de Seguridade Social.

3. Período de desfrute.

A duración desta bolsa é de 12 meses comprendidos entre xullo de 2001 e xuño de 2002.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial INN-3 (que se publica como anexo VI á presente orde e ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos enderezos http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

4.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados, deberá presentarse, así mesmo, certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de primeiro ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese de licenciatura e o título dela.

4.2. Currículum vitae do solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados. Utilizarase o modelo oficial de currículum da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, dispoñible nos mesmos puntos que o modelo oficial de solicitude.

4.3. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 4 de maio de 2001.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase do solicitante que no prazo de dez días complete a documentación ou corrixa as deficiencias, coa advertencia de que, de non o facer se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

6. Selección de candidatos.

6.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, actuando un dos seus membros, como presidente e outro como secretario. Á comisión incorporarase como vocal un representante do Centro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía).

6.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo:

Expediente académico: ata catro puntos.

Adecuación do perfil do solicitante á actividade do Centro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía): ata 4 puntos.

A comisión poderá realizar unha entrevista a aqueles aspirantes que resulten preseleccionados; o resultado da entrevista poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos.

7. Resolución do concurso.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante poida necesitar realizar, de acordo co centro ó que se incorpore, (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

No momento en que se produza algunha circunstancia que determine a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e a adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese. Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior a súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director do Centro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía).

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

9.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presen

tes bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

9.2. O pagamento da bolsa realizarase por trimestres adiantados, quedando pendente o pagamento do derradeiro trimestre ata que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade do traballo realizado co visto e prace do director de traballo.

10. Obrigas do bolseiro. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a axustarse ás normas propias do Centro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía).

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes, asinados polo bolseiro, deberá figura-lo visto e prace do director do centro.

Os bolseiros antes do último pagamento, terán que remitir declaración complementaria de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracions públicas competentes ou calquera dos seus organismos ou sociedades.

B) Prórroga das bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia.

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios dunha bolsa para incorporación a centros tecnolóxicos, concedidos por resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 31 de maio de 2000 (DOG do 14 de xuño de 2000) poderán solicitar unha prórroga para un novo período, a saber:

-O bolseiro seleccionado no punto primeiro da citada resolución como bolsa de nova adxudicación poderá solicitar unha prórroga por un novo período dun ano (xullo 2001-xuño 2002).

-Os bolseiros que figuran no punto segundo da dita resolución como prórrogas, poderán solicitar unha nova prórroga por un período de 6 meses (xullo 2001-decembro 2001).

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial INN-4 (que se publica como anexo VII á presente orde) e ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir inescusablemente acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades investigadoras realizadas durante o último ano de desfrute da bolsa. Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace do director do centro tecnolóxico correspondente.

2.2. Informe do director do centro tecnolóxico no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o último ano de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director do correspondente centro tecnolóxico.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de maio de 2001.

3. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento; actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario. A selección realizarase en función da documentación achegada polos solicitantes nos puntos 2.2, 2.3 e 2.4 dos puntos bases.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a axustarse ás normas propias do centro tecnolóxico ó que se incorporen.

Para as prórrogas dun ano de duración, antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes, asinados polo bolseiro, deberá figura-lo visto e prace do director do centro.

Os bolseiros antes do último pagamento terán que remitir declaración complementaria de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos ou sociedades.

5. Outras condicións da convocatoria.

Análogas ás indicadas nos puntos 2, 5, 8 e 9 do punto A deste anexo III.