Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de marzo de 2001 pola que se clasifica como de interese sanitario a Fundación Julián Francisco Suárez Freire.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Julián Francisco Suárez Freire, con domicilio en Santiago de Compostela.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día nove de febreiro de 2001, ante o notario José Antonio Montero Pardo, co número douscentos cincuenta do seu protocolo por Benito Regueiro Varela, José Luis Vila Jato, José Miñones Trillo, Jesús Izco Sevillano, Enrique Raviña Rubira, José María Calleja Suárez e Francisco Díaz-Fierros Viqueira, que interveñen no seu propio nome.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é o estudio teórico e práctico e fomento das ciencias farmacéuticas, o desenvolvemento de estudios, investigacións, cursos científicos así como a convocatoria e promoción de bolsas, premios ou certamens, e o fomento da divulgación e a difusión científica, que ofrezan relación coas ramas das ciencias farmaceúticas no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

4. O padroado da fundación estará composto por Jesús Izco Sevillano como presidente, José Miñones Trillo como vicepresidente, Enrique Raviña Rubira como secretario e tesoureiro, e Benito Regueiro Varela, José Vila Jato, José María Calleja Suárez e Francisco Díaz-Fierros Viqueira como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación Julián Francisco Suárez Freire, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese sanitario e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vinte de marzo de dous mil un.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese sanitario a Fundación Julián Francisco Suárez Freire e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, vinteseis de marzo de dous mil un.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública