Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.219

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 68/2001, do 21 de marzo, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a José Antonio Gómez Gómez, de acordo coa proposta da Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente