Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 16 de marzo de 2001 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Baña, Muxía, Viveiro, Calvos de Randín e Tomiño.

Polo Decreto 50/2001, do 8 de febreiro (DOG nº 48, do 8 de marzo), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Baña, Muxía, Viveiro, Calvos de Randín e Tomiño.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Terreo de 7.687 m, no sitio de Cereixe, parcela nº 66 da zona de concentración parcelaria de Lañas,

municipio da Baña (A Coruña). Estrema: norte, zona excluída; sur, Generosa Oca Nieto e Gustavo Nieto Guerra; leste, zona excluída e Generosa Oca Nieto; e oeste, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 742, libro 150, folio 193, predio nº 16.887-N, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa e alta de 100 m por planta asentado sobre un soar de 318 m, no lugar dos Muíños, municipio de Muxía (A Coruña). Estrema: norte, camiño público de seis metros de largo e parede que choe a horta da casa de José Graíño López; sur e oeste, estrada que dos Muíños conduce á estrada xeral da Coruña a Fisterra, pola Pereiriña; leste, camiño de catro metros de largo e despois parede que pecha a propiedade de Antonio Barros Arosa.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 399, libro 88, folio 212, predio nº 8.357, inscrición 4ª.

3. Parcela de terreo de vinte metros de fronte por catorce de fondo, que conforman 280 m, no sitio de Soutovello, parroquia de Magazos, municipio de Viveiro (Lugo). Linda: leste, estrada de Viveiro a Lugo; sur e oeste, camiño; e norte, herdeiros de Antonio Pernas Maciñeira. Neste terreo atópase edificada unha casa de planta baixa con porta de entrada pola estrada e outra ó oeste e dúas máis a fronte. Consta, ademais, dun oco ou faiado para servicio do baixo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 773, libro 302, folio 187, predio nº 13.480, inscrición 4ª.

4. Edificio de planta baixa de 171 m, construídos sobre soar de 276 m de superficie, que forma un rectángulo de 23 m de fronte por 12 de fondo, no lugar de Bandeira ou Trabanca, Calvos, municipio de Calvos de Randín (Ourense). Estrema: norte e oeste, predio matriz hoxe Manuel Gómez Toro; sur, camiño; leste, estrada de Bande á fronteira portuguesa.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 626, libro 62, folio 80, predio nº 7.544, inscrición 3ª.

5. Edificio dedicado a local de oficinas e pendello anexo pola parte leste e terreo unido, no sitio de Mosteiro, municipio de Tomiño (Pontevedra), de 300 m, dos que corresponde á edificación 174 m. Linda polo oeste coa estrada xeral de Gondomar á Guarda.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 695, libro 162, folio 184, predio nº 18.824, inscrición 2ª.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda