Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior do solo urbano da Ponte Pedriña (PERI-7).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 25 de xaneiro de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior do solo urbano da Ponte Pedriña (PERI-7), con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP nº 64, o día 19 de marzo de 2001, o texto íntegro da normativa, obxecto de modificación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo