Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 25 de xaneiro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de xestión L (UX-L) do Plan Especial de Reforma Interior dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, redactado polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP nº 64, do día 19 de marzo de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo