Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do cinto perimetral norte do campus universitario de Vigo. (Expediente 4203/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para a execución do cinto perimetral norte do campus universitario de Vigo (expte. 4203/401) tramitado por instancia da Universidade de Vigo.

Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, notificándollelo individualizadamente ós interesados afectados por el, de conformidade co disposto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 12 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo