Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, na sesión ordinaria do día 12 de abril de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de anexo á rede do polígono industrial do Ceao, acometida de gas á Cafés As Candelas, rúa das Mercadorías, polígono industrial O Ceao, por solicitude de Gas Galicia, Sociedad para el Desarrollo del Gas, S.A.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 27 de abril de 2000.

Eva Mª Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde