Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 12 de xaneiro de 2001, en virtude da delegación da alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da travesía da avda. Luis González Taboada e avda. Buenos Aires, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante el poida ser examinado polos interesados, e presentar, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 20 de febreiro de 2001.

Alcade-presidente

Rubricado