Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación do contrato administrativo de consultoría e asistencia para elaborar un diagnóstico da estructura organizativa actual da Administración do Parlamento de Galicia, e a posterior elaboración dun plan de mellora da súa xestión. (Expediente 15/2000).

En cumprimento do disposto nos artigos 196.3º e 208 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos

das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a adxudicación do contrato administrativo de consultoría e asistencia co obxecto de elaborar un diagnóstico da estructura organizativa actual da Administración do Parlamento de Galicia, e a posterior elaboración dun plan de mellora da súa xestión.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 15/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación do contrato administrativo de consultoría e asistencia co obxecto de elaborar un diagnóstico da estructura organizativa actual da Administración do Parlamento de Galicia, e a posterior elaboración dun plan de mellora da súa xestión.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de entrega: o estudio entregaráselle no prazo indicado na oferta da empresa adxudicataria á persoa que designe o Parlamento, que formalizará a acta de recepción. En todo caso, o proxecto deberá realizarse nun prazo máximo de seis meses desde a data do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: quince millóns de pesetas (90.151,82 euros), incluído o IVE e tódolos gastos que comporte a realización do proxecto, que non poderá ser revisado.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do prezo do contrato.

Definitiva: o 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 709, do 5 de marzo de 2001).

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro dos catorce días naturais seguintes ó da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia (das 9.30 ás 14 horas).

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 709, do 5 de marzo de 2001).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): dous meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, depositados no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 709, do 5 de marzo de 2001.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia