Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato consistente na obra de intervención nas edificacións e espacios públicos en Piornedo, Donís, Cervantes, provincia de Lugo. (Expediente LU-2000/REP 02).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de intervención nas edificacións e espacios públicos en Piornedo, Donís, Cervantes. Lugo.

b) Prazo de execución: 6 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento vinteún millóns catrocentas corenta e sete mil oitocentas sesenta e oito (121.447.868) pesetas (729.916,39 euros), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo K; subgrupo 7; categoría e.

6. Obtención de documentación.

-Copistería Copynino.

Enderezo: Xeral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela.

Telf.: 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

* http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=244

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Posibilidade de variantes.

Admítense.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será pola conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo