Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 27 de febreiro de 2001, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, de notificación de resolución do expediente sancionador de clave DH.D15.11445.

Por medio deste edicto faise saber que o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados a resolución referida no anexo e comunícaselles que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, 7-9, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, os interesados poderán interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun (1) mes, contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

* Expediente: DH.D15.11445.

* Persoa interesada: Encarna Vila Piñeiro.

* Enderezo que consta no expediente: avda. do Seixo, 170 Mugardos (A Coruña).

* Acto administrativo: resolución con data do 22-12-2000.

* Sanción imposta: declara-la ausencia de responsabilidade administrativa na comisión dos feitos que motivaron a apertura deste expediente, co arquivo de tódalas actuacións.