Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle da urbanización da rúa Ourense.

Aprobado inicialmente, por acordo da Comisión de Goberno adoptado na sesión do 15 de marzo de

2001, o estudio de detalle no núcleo urbano de Melide (entre a rúa Ourense e a estrada a Piñor), confeccionado polo arquitecto José C. Arrojo Lois, sendo promotora a entidade Construcciones Martínez-Cordido, S.L., segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examina-lo expediente na secretaría xeral do concello e formular cantas alegacións coide pertinentes.

Melide, 27 de marzo de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde