Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador P-I-00/239.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente publi

cación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución-firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 14 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Preceptos

ExpedienteDenunciado

Último domicilio coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

P-I-00/239Lino Soto González

O Viso, 12

36810 Redondela

Queima en época de máximo perigoArtigo 138 a) do regulamento

da LIF

Artigo 139

do regulamento

da LIF

25.000 ptas.