De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador P-I-01/03 e un máis, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste
Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Benito Corbal, 47 (Pontevedra).
O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 14 de marzo de 2001.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Último domicilio coñecido
Preceptos
Expediente Denunciado
Feito denunciado Infrinxido Sancionador Sanción
Alcalde de Lavadores, 27-3º
36214 Vigo
do regulamento
da LIF do regulamento
da LIF Nigrán, 8-4º A
36209 Vigo
do regulamento
da LIF do regulamento
da LIFP-I-01/03 Manuel Casqueiro Menderiz
Abandono dun vehículo en masa forestal Art. 137 e)
Art. 139
50.000 ptas.
P-I-01/09 Paco Pol, S.A.
Vertedura de lixo na masa forestal Art. 137 e)
Art. 139
50.000 ptas.