Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001 pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial LU-98/134.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente: LU-98/134.

Denunciado: Antonio Luis Menán Reguera.

Último enderezo coñecido: Miguel de Cervantes, 41-45, 2º D, Lugo.

Contido da resolución do recurso:

Data: 19 de decembro de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: pescar sen licencia.

Resolución: desestimado, confirmando a resolución recorrida en tódolos seus termos.