Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina e informático non inventariable para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais. (Expediente 3/2001 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 3/2001 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización dunha subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina e informático non inventariable para os servicios centrais e as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.022.925 pesetas (48.218,75 euros), IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes: lote I: material de oficina 1.320.400 pesetas (7.935,77 euros); lote II: material de papelería 3.071.125 pesetas (18.457,83 euros); lote III: consumibles informáticos 1.486.900 pesetas (8.936,45 euros); lote IV: papel de cartas en paquetes de 20 cadernos 2.144.500 pesetas (12.888,70 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato para o lote ou os lotes ofertados (lote I: 26.408 pesetas, 158,73 euros; lote II: 61.423 pesetas, 369,16 euros; lote III: 29.738 pesetas, 178,73 euros; lote IV: 42.890 pesetas, 257,77 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 18 a) e b) do citado texto refundido, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos ou privados, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles, ou mediante a descrición do equipo técnico, medidas

empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de investigación da empresa.

8. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio