Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/22-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. circunvalación Velle-Rairo (sector A-6, P.G.U. Ourense).

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: recuamento da L.M.T. aérea a 20 kV Velle-Rairo (expte. 936-A.T.) nunha lonxitude de 225 m entre os apoios proxectados nº 2 e 3, que corresponde ó sector A-6 do P.X.U. de Ourense.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense