Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/21-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. Otero Pedraio, 17.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV de 90 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na liña subterránea ó C.T. Fraguas e remata na liña subt. ó C.T. Polanco, logo de subminista-lo C.T. proxectado en caseta con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Na r/ Otero Pedraio, 17.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense