Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Parada (Outeiro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Parada (Outeiro de Rei-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión do 31 de marzo de 2001, a falta de acordo do propietario dos predios de achega e o novo adxudicatario dos predios en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 2 de abril de 2001, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facela os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que no abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 14 de febreiro de 2001.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo