Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.190

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (751/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 751/2000, seguidos por instancia de Julia Trigo Cordal e outra contra Confecciones Mape, S.L. e outra sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data do 22-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Julia Trigo Cordal e María del Carmen García Guillín, contra a empresa Confecciones Mape, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento

ás demandantes nas seguintes cantidades: a Julia Trigo Cordal 236.964 pesetas e a María del Carmen García Guillín 192.558 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Confrecciones Mape, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Marqués de Figueroa, 4, 3º dereita, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de febreiro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado