Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.190

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (747/2000).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 747/2000, seguidos por instancia de Gregorio Ulloa García contra Aplicaciones de Túneles y Puentes, S.L. e outra sobre salarios, a maxistrada-xuiza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 22-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Gregorio Ulloa García, contra a empresa Aplicaciones Técnicas de Túneles y Puentes, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 733.394 pesetas, coa absolución do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poden anunciar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo do depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, a cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Técnicas de Túneles y Puentes, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Asunción, O Petón, 4, Arteixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 22 de febreiro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado