Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.189

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (1806/1999).

A Coruña, vinteseis de xaneiro de dous mil un.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Mª del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Mª José Pérez Pena, Carlos Suárez-Mira Rodríguez.

En nome de El-Rei.

Pronunciaron a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 1806/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, sobre reclamación de cantidade en xuízo de menor contía nº 381/1997 entre partes, dunha como apelante o demandado Manuel Chas Paris, representado polo procurador Amador Pardo, e defendido polo letrado Fernández Salmoente; e os demandados en situación procesual de rebeldía Chas Ramírez, S.L. e Antonio Lage Lorenzo, cos que se entenderán no sucesivo as presentes actuacións nos estrados deste tribunal, e da outra e como apelado o demandante José Gustavo Barroso Pernas, representado polo procurador Fernández Ayala. Sendo relator Taboada Caseiro.

Decidimos que desestimando o recurso de aplicación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número catro da Coruña, xuízo de menor contía nº 381/1997, debemos confirmala e confirmamo-la dita resolución, e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, expido e asino a presente na Coruña, vinteseis de febreiro de dous mil un.

Rubricado