Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.189

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001 pola que se fixa e fai pública a data do primero exercicio das probas selectivas ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia, convocado por Resolución do 26 de decembro de 2000.

Por Resolución do 26 de decembro de 2000 (DOG nº 11, do 16 de xaneiro de 2001), foron convocadas oposicións ó Corpo de Letrados do Consello Consultivo de Galicia. Reunido o tribunal, resolveu:

Fixa-la data para a realización do primero exercicio o próximo día 23 de abril de 2001, luns, ás 10 horas, na sede do Consello Consultivo de Galicia, sita na r/ A Algalia de Abaixo, nº 24, Santiago de Compostela.

Os opositores terán que vir provistos de documento nacional de identidade.

A publicación dos sucesivos anuncios en relación coa realización dos restantes exercicios efectuarase

no taboleiro de anuncios do Consello Consultivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.

Juan José Gallego Fouz

Secretario do tribunal