Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Norte Forestal, S.A. (código de convenio nº 8200612), que se subcribiu coa data do 29 de decembro de 2000, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA NORTE FORESTAL, S.A.

Capítulo preliminar

Intervenientes

Pontevedra, 29 de decembro de 2000

Dunha parte, en representación dos traballadores o comité de empresa de Norte Forestal, S.A. e doutra, en representación da empresa os integrantes da comisión negociadora.

Ámbalas partes recoñécense mutuamente plena capacidade para levar a cabo e outorga-lo presente convenio colectivo, segundo consta en anexo I e II.

Capítulo primeiro

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións laborais entre Norte Forestal, S.A. e os traballadores que prestan os seus servicios nela.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As presentes normas serán de aplicación á totalidade dos centros de traballo de Norte Forestal no territorio nacional.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio é de aplicación con carácter xeral a tódolos traballadores pertencentes ó cadro de persoal de Norte Forestal, S.A. con excepción daquel persoal directivo, técnico ou asimilado que teña subscrito un contrato individual de traballo e que está excluído polas súas condicións persoais pactadas, polo que lle serán unicamente de aplicación aquelas normas aquí contidas nas que expresamente se especifique a súa inclusión.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha vixencia de catro anos, comezando a producir efecto desde o 1 de xaneiro de 2000 e finalizando o 31 de decembro de 2003.

Artigo 5º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderá proceder á denuncia do presente convenio, formalizándose esta cun mes de antelación á súa finalización, mediante comunicación por escrito, na cal se enumerarán as materias que se propoñan revisar, considerándose tacitamente prorrogado ata a sinatura do novo que o substitúa.

Artigo 6º.-Norma supletoria.

No non regulado no presente convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas complementarias.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

A interpretación do presente convenio non poderá realizarse senón de forma global, gardando o equilibrio do conxunto das súas normas, que forman un todo orgánico, indivisible e inseparable.

Artigo 8º.-Absorción e compensación.

Operará a absorción e compensación cando os salarios realmente aboados no seu conxunto e en cómputo anual sexan máis favorables ós traballadores que os fixados na orde normativa ou convencional de referencia. Durante a vixencia de este convenio respectaranse as situacións que en concepto de complementos persoais se veñan desfrutando, así como os que poida concede-la empresa durante a mesma.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria que terá como funcións a interpretación, vixilancia, conciliación e arbitraxe do disposto no presente convenio.

Estará composta por catro membros, dous designados pola empresa e dous designados polo comité de empresa. De entre eles elixirase un secretario.

A comisión reunirase cando o solicite calquera das partes, comunicándoo por escrito á outra, cunha antelación de sete días. Na convocatoria incluirase a orde do día.

Cada un dos membros da comisión terá un único voto. Das reunións da comisión levantarase acta, facendo consta-los acordos, os cales terán carácter vinculante para as partes.

Os vocais designados polo comité de empresa cesarán á finalización de su mandato ou ben cando o comité acorde por maioría retirárlle-la confianza; nete caso procederase a unha nova designación.

Os acordos tomados na comisión paritaria non poderán volver a ser considerados polos novos membros da comisión.

Artigo 10º

A empresa comprométese no prazo non superior a un ano á sinatura do presente convenio a actualiza-los distintos niveis e categorías existentes en Norte Forestal, S.A.

Capítulo segundo

Organización, xornada e traballo

Artigo 11º

A organización do traballo será competencia exclusiva da dirección da empresa con suxeición á lexislación laboral vixente, especialmente en materia de prevención de riscos, e con estricta observancia dos dereitos dos traballadores.

Artigo 12º.-Mobilidade.

Dadas as características da actividade da empresa, recoñécese a mobilidade do persoal como imprescindible para unha adecuada organización do traballo, entendendo por mobilidade os desprazamentos temporais ou diarios, distintos do lugar de residencia laboral.

Artigo 13º.-Garantías do persoal conductor.

As sancións por infraccións de tráfico impostas ós traballadores que conduzan vehículos da empresa e que sexan imputables ó vehículo serán aboadas pola empresa. Esta garantía cobre igualmente os traballadores que poñan o seu vehículo ó servicio da empresa, sempre que a infracción fose cometida no desenvolvemento das funcións ordenadas por ela.

Ademais, a empresa garantirá un posto de traballo digno, sen menoscabo das súas retribucións, ó persoal a quen no desenvolvemento das funcións de conductor lle fose retirado o permiso de conducción como consecuencia de actuación administrativa.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

Para o persoal que preste os seus servicios en oficinas centrais establécese unha xornada de 1.752 horas de traballo en cómputo anual. Para o resto do persoal a xornada será a establecida no Estatuto dos traballadores. Se durante a vixencia deste convenio e por imposición legal se dispuxer un cómputo horario anual inferior ó pactado, aplicarase o que regule a lei.

Artigo 15º.-Horario.

As horas de traballo efectivo computaranse de forma que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, cada traballador se encontre no seu posto de traballo.

A dirección da empresa e o comité de empresa elaborarán os horarios de entrada e saída axustándose á seguintes premisas:

1. Para o persoal de oficinas.

Xornada intensiva:

a) Do 1 ó 15 de xaneiro.

b) Luns e martes de Entroido.

c) Tres días antes e tres días despois de Semana Santa.

d) Do 1 de xuño ó 30 de setembro.

e) Do 9 ó 31 de decembro.

f) Tódolos venres do ano.

2. Para o resto de persoal, pactarase entre a empresa e os representantes dos traballadores a distribución irregular da xornada máxima anual. Igualmente se poderá pacta-lo establecemento da xornada continuada para períodos estivais e festivos.

Do mesmo modo, na organización da xornada de traballo respectaranse os seguintes principios:

a) En ningún caso se poderán realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán, polo menos, 12 horas.

c) Os traballadores terán dereito a unha parada de 20 minutos durante a mañá para tomar o almorzo.

d) Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal dun día e medio ininterrompidos.

Se por calquera acto, resolución administrativa ou sentencia xudicial se declarase que non se poden realizar os horarios así establecidos, habería que establecer novos horarios de acordo co disposto, pero entendendo que a xornada será sempre a pactada neste convenio.

Se durante a vixencia deste convenio colectivo e por imposición legal, se dispuxer un cómputo horario anual inferior ó pactado, aplicarase o que regule a lei.

Artigo 16º.-Traballos de superior categoría.

Se por necesidades técnicas, organizativas ou de producción, un traballador fose asignado a un posto de superior categoría, esta situación manterase o tempo estrictamente necesario, non excedéndose máis de seis meses nun ano e percibindo o traballador a retribución acorde con esa categoría mentres estea a desenvolver tales funcións.

Capítulo terceiro

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 17º.-Vacacións.

A duración das vacacións será de 30 días naturais, incluíndo neste período tódolos sábados, domingos e festivos.

Se as vacacións se fraccionan en dous ou máis períodos, computaranse por días laborables comprendidos neles e, neste caso, serán de 21 días laborables.

Garánteselle a todo o persoal o desfrute de polo menos 15 días de vacacións no verán.

As vacacións gozaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

Se unha vez pactada a data de inicio das vacacións e antes de inicialas se producise unha baixa por incapacidade temporal, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o fin do ano en curso, pactándose unha nova data de inicio das vacacións.

O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica; sen embargo, o persoal que non continúe durante o transcurso do ano terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións a que se ten dereito e non desfrutada, como concepto integrante da súa liquidación pola súa baixa na empresa, aínda cando as vacacións a que se ten dereito poidan corresponder en parte ó ano natural anterior.

Gozaranse as vacacións na parte proporcional ó tempo realmente traballado.

Para a escolla do período de vacacións, que serán preferentemente nos meses de xuño, xullo, agosto ou setembro, formaranse grupos de persoal das mesmas funcións e categorías, establécese un sistema rotatorio, de tal maneira que o primeiro que elixe o período de vacacións será o último en elixir para o ano seguinte.

Artigo 18º.-Permisos retribuídos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Por tempo de 15 días por casamento ou unión de feito debidamente acreditada.

b) Dous días por nacemento de fillo, falecemento ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de afinidade ou consanguinidade ou de parentes que convivan co traballador. Cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia do centro de traballo, o prazo será de catro días naturais a partir da data do evento.

c) Por tempo de dos días por traslado do domicilio habitual.

d) Para o persoal de campo. Establécense dous días á escolla do traballador, sempre e cando o día elixido coincida entre dous días non laborables. O traballador solicitará o permiso con polo menos 15 días de anticipación.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

g) Polo tempo indispensable para a realización de exames e técnicas de preparación para o parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións, ou ben reduci-la xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado pola nai ou o pai no caso de ambos traballaren.

i) Os traballadores poderán solicitar unha soa vez ó ano un permiso retribuído para estudios. Acreditarán estar matriculados nalgún centro oficial. Igualmente achegarán xustificantes de ter aprobado, cando menos, a metade das disciplinas nas que estivesen matriculados. Presentarán a posteriori, un xustificante de asistencia ó exame. A empresa concederá estes permisos polos períodos máximos seguintes:

1. 15 días naturais para estudios de carreira superior.

2. 10 días naturais para estudios de carreira media.

3. 5 días naturais para estudios de bacharelato e similares.

j) Igualmente, concederá días, nunha ó máis veces, para participar en oposicións ou concurso-oposicións ó Estado, entes autonómicos e corporacións provinciais ou municipais. Para a concesión será requisito acreditar terse inscrito para participar nela e presentar a posteriori xustificante de asistencia ó exame. Os días de permiso que se conceden serán iguais ós que resulten da titulación esixida nas convocatorias segundo o punto anterior.

k) Para consulta médica, polo tempo necesario, con posterior xustificación.

Artigo 19º.-Permisos sen remuneración.

Todo traballador con polo menos tres anos de antigüidade na empresa terá dereito a solicitar un permiso sen retribución.

Cando a duración do permiso solicitado sexa inferior a quince días a empresa estará obrigada á súa concesión.

Será potestade da empresa, en relación ás necesidades do traballo, conceder ata un máximo de 30 días de permiso sen remuneración.

Independentemente concederánselles a aqueles traballadores que o soliciten dous días naturais de permiso non retribuído por voda de pais, fillos ou irmáns, sempre e cando o evento suceda en día laborable.

Artigo 20º.-Excedencia voluntaria.

A empresa concederá ó persoal que, como mínimo conte cunha antigüidade de tres anos, o paso a situación de excedencia voluntaria por un período non inferior a un ano nin superior a cinco anos. O traballador que desfrutase dunha excedencia non poderá solicitar outra ata transcorridos catro anos da finalización da anterior.

Transcorrido o prazo polo que se concedeu a excedencia sen que o traballador solicite o seu ingreso, perderá este o seu dereito a el. O tempo de excedencia non será computado para ningún efecto.

Para lle concede-la excedencia a un traballador será indispensable que non haxa máis dun 7% da cadro de persoal fixo en situación de excedencia.

Artigo 21º.-Excedencia forzosa.

Os traballadores que sexan elixidos para desempeñaren cargos públicos, políticos ou sindicais de ámbito superior ó da empresa poderán solicitar excedencia, sendo obrigatoria para a empresa a súa concesión polo tempo de permanencia no cargo. Está excedencia será computable para efectos de antigüidade.

Capítulo cuarto

Sección primeira

Retribucións

Artigo 22º.-Estructura salarial e incrementos.

A estructura salarial do persoal afectado polo presente convenio, a excepción das categorías de peón, peón especialista e xefe de cuadrilla, será a disposta

no presente capítulo, correspondéndose a súas retribucións coas que figuran na táboa I do anexo III.

Para as categorías de peón, peón especialista e xefe de cuadrilla, debido ás características e especialidade da actividade que desenvolven, a retribución salarial será a determinada na táboa II do anexo III, calculada en base diaria, e considerándose incluídos nese salario diario a parte proporcional de domingos, festivos, vacacións, pagas extras, así como calquera outro concepto retributivo que lle puidese corresponder.

Incrementos.

Para o persoal afectado polo presente convenio, a excepción das categorías de peón, peón especialista e xefe de cuadrilla, a revisión salarial para cada ano será a seguinte:

1. Ano 2000. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I do anexo III dun 2,8%.

2. Ano 2001. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I do anexo III nun 2,5%, (ou o IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en decembro de 2000 para o ano 2001, no caso de que sexa superior ó 2,5%).

3. Ano 2002. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I do anexo III nun 2%, (ou o IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en Decembro de 2001 para o ano 2002, no caso de que sexa superior ó 2%).

4. Ano 2003. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I do anexo III nun 2%, (ou o IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en decembro do 2002 para o ano 2003, no caso de que sexa superior ó 2%).

Para o persoal encadrado nas categorías de peón, peón especialista e xefe de cuadrilla, o incremento salarial para cada ano será o determinado nos puntos anteriores, que terá o seu reflexo única e exclusivamente na base mínima diaria, axuda para comida e complemento de especial dedicación da táboa II do anexo III.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores da empresa gozarán de aumentos periódicos por tempo de servicio ininterrompido, consistentes en dous trienios e posteriores quinquenios. A súa contía será do 4% por cada trienio e do 8% para os quinquenios do salario base de cada traballador, cun límite máximo do 30%.

A data de devengo será o primeiro do mes seguinte a aquel en que se cumpra o trienio ou quinquenio.

Para os efectos do cómputo da antigüidade, terase en conta todo o tempo de servicio ininterrompido na empresa, computándose como tal o tempo de baixa por enfermidade, accidente e o desfrute de excedencia forzosa. Non se terá en conta para estes efectos o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria e permisos sen remuneración.

Artigo 24º.-Incentivos.

Para aqueles traballadores de producción non medible establécese un incentivo por calidade de traballo. Realizarase unha avaliación do desempeño por parte do seu superior xerárquico.

A contía mínima será do 10% do salario base. A empresa poderá fixa-lo incentivo discrecionalmente ata o 15% do salario base. A percepción deste incentivo será trimestral e terá carácter de non consolidable.

Artigo 25º.-Gratificacións extraordinarias.

O seu importe será igual a unha mensualidade de soldo base e antigüidade, de devengo semestral, pagadoiras na nómina dos meses de xuño e novembro.

O persoal que ingrese ou cese durante o ano percibirá estas gratificacións en proporción ó tempo traballado.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

Co fin de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes deste convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas (incendios): realización.

b) Horas extraordinarias orixinadas por períodos punta de producción ou outras circunstancias imprevistas: mantemento, sempre que non poidan ser substituídas polas modalidades de contratación legalmente establecidas.

c) Horas extraordinarias habituais: supresión.

A dirección da empresa informará mensualmente o comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores fixarán o carácter e a natureza delas.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria. A retribución das horas extras rexerase pola seguinte fórmula, salvo pacto individual entre empresa e traballador:

HE=P*(S+A)/H)*1,75

HE= Hora extra.

P= Número de pagas no ano.

S= Salario base.

A= Antigüidade.

H= Número de horas efectivas de traballo no ano.

As horas extraordinarias que se realicen de 22 h a 6 h incrementaranse nun 25%.

Sección segunda

Artigo 27º.-Axudas de custo para viaxes.

O réxime aplicable a este tipo de desprazamentos será o establecido pola normativa do grupo Ence.

Establécense dous supostos:

A. Gastos para xustificar. Aplicable ó persoal directivo e a quen autorice o director xeral. Aboaranse a totalidade dos gastos realizados debidamente xustificados, máis un diñeiro de bolso para gastos varios sen xustificar consistente en:

4.000 pesetas/día en territorio nacional.

8.500 pesetas/día en territorio estranxeiro.

B. Réxime de axudas de custo. Aplicable ós non autorizados a viaxar en réxime de gastos para xustificar.

Nesta modalidade aboaranse os seguintes gastos:

-Gastos de locomoción e desprazamento: os xustificados segundo factura.

-Gastos de aloxamento: os xustificados segundo factura.

-Gastos manutención:

8.300 pesetas/día. Pernoitando en territorio nacional.

14.000 pesetas/día. Pernoitando en territorio estranxeiro.

4.150 pesetas/día. Non pernoitando en territorio nacional.

6.250 pesetas/día. Non pernoitando en territorio estranxeiro.

Artigo 28º

Para encargados e operadores de máquina, os cales exercen a súas funcións en distintos puntos da área de traballo á que están asignados, establécese unha axuda para comida.

Presentará a correspondente factura e Norte Forestal, S.A. procederá ó seu aboamento.

Artigo 29º.-Gastos de locomoción.

Ós traballadores que utilicen nos desprazamentos ordenados pola empresa vehículos da súa propiedade, aboaránselle 38 pesetas por quilómetro percorrido. O persoal que realice máis de 2.500 quilómetros ó mes percibirá 30.208 pesetas mensuais e 23,50 pesetas por quilómetro percorrido.

Ademais destes prezos, fíxase unha prima de 4,5 pesetas/km por acompañante e de 9 pesetas/km por dous ou máis acompañantes.

En ningún caso estará obrigado o traballador a po-lo vehículo da súa propiedade para usos propios da empresa.

Artigo 30º

O traballador que, alén das súas funcións propias profesionais, transporte outros traballadores en vehí

culos da empresa ata o lugar de traballo, percibirá a cantidade de 1.000 pesetas diarias. Para os traballadores transportados, a cantidade será de 500 pesetas diarias se o tempo de transporte fose superior a unha hora por traxecto.

Artigo 31º.-Forma de pagamento.

O pagamento da nómina poderá realizarse por talón nominativo ou transferencia bancaria. Calquera destes documentos, indistintamente, substitúe o recibo da cantidade.

Se algún traballador quixese que se lle aboase o salario por transferencia a algunha entidade bancaria concreta, solicitarao por escrito e así o efectuará a empresa ata nova solicitude contradictoria.

O pagamento farase efectivo como data tope o día dez de cada mes.

Capítulo quinto

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 32º.-Prevención de riscos.

En todo o referente a saúde laboral aplicarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais e nas súas normas regulamentarias de desenvolvemento e demais normativa concordante.

Artigo 33º.-Plan de prevención.

A empresa ten elaborado un plan ou programa integral de seguridade e hixiene destinado a avaliar e previ-los riscos, establecendo con claridade as medidas de protección persoal adecuadas (roupas de traballo, medios de protección e formación para o seu manexo, límites máximos de exposición ós factores de risco, etc.). Este plan ou programa estará sometido a un control ou auditoría de carácter periódico. Neste sentido, os delegados de prevención, sen previo aviso, realizarán tódalas inspeccións necesarias e darán conta a posteriori das horas empregadas e as deficiencias encontradas.

Artigo 34º.-Vixilancia da saúde.

A empresa garantiralles ós traballadores a vixilancia periódica do seu estado de saúde, mediante un recoñecemento médico anual realizado por especialistas en instalacións adecuadas.

Ademais, o recoñecemento médico levarase a cabo respectando sempre o dereito á intimidade, a dignidade e a confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde.

Artigo 35º.-Caixas de primeiros auxilios.

En tódolos centros de traballo haberá, como mínimo, unha caixa de primeiros auxilios, debidamente provista e sometida a un sistema de mantemento e reposición.

Artigo 36º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós traballadores cada seis meses roupa de traballo e de seguridade adecuada ás funcións que realicen, consistentes nunha chaqueta e pantalón ou funda e calzado adecuado á actividade que desenvolvan en cada momento, así

como un xogo completo de roupa de augas. En caso de deterioración de calquera das pezas por causas de traballo, o traballador terá dereito a un xogo novo.

Ademais, a tódolos traballadores que realicen calquera actividade que entrañe risco especial facilitaránselle-los E.P.I.'s adecuados á normativa vixente.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio substitúe e deixa sen efecto o anterior convenio asinado entre a representación dos traballadores e Norte Forestal, S.A.

Segunda.-Paga de cash flow. O persoal que a data do 30 de setembro prestase os seus servicios en Norte Forestal, S.A. con, polo menos, unha antigüidade ininterrompida de dous anos, recibirá en concepto de retribución variable e non consolidable unha cantidade anual en función dos resultados de Norte Forestal, S.A. e grupo Ence calculado sobre o cash flow (beneficios máis amortizacións) unha vez deducidos os impostos correspondentes.

Esta cantidade non consolidable aboarase nun único pagamento no mes de marzo, posteriormente a que se coñeza o balance e contas de resultados de Norte Forestal e grupo Ence.

No suposto de que se cause baixa durante o ano natural, percibirase o seu importe por doceavas partes, proporcionalmente ós meses de servicios prestados para Norte Forestal, S.A. no exercicio de referencia.

Esta paga consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais fixos anuais, que virán determinados pola suma de aplica-lo coeficiente 0,4 ó valor resultante do cash-flow de Norte Forestal segundo o anexo IV e da aplicación do coeficiente 0.25 ó valor resultante do cash-flow do grupo Ence, segundo o anexo V.

Disposición derradeira

Única.-O presente convenio entrará en vigor no día da súa sinatura e terá carácter retroactivo ó un de xaneiro de 2000.

BENEFICIOS SOCIAIS

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Sinálanse nestas disposicións as normas polas cales se rexerán os beneficios sociais de Norte Forestal, S.A., que teñan como finalidade principal a axuda e promoción do persoal da empresa e os seus familiares, na orde asistencial, cultural, profesional e social.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Para ser beneficiario das axudas que se establecen nos seguintes artigos será necesario pertencer á cadro de persoal de Norte Forestal, S.A., vinculado á ela cunha antigüidade ininterrompida de dos ou máis anos.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Terá a mesma vixencia que a do convenio colectivo.

Artigo 4º.-Comisión de control.

A comisión estará formada polos membros da comisión paritaria. As súas funcións son as de velar polo correcto cumprimento dos presentes beneficios sociais.

Artigo 5º.-Prestacións.

Establécense dous tipos de prestacións:

a) Préstamos reembolsables.

I. Préstamo primeira vivenda.

II. Préstamo para adquisición de vehículos.

III. Préstamos para enxoval doméstico.

IV. Préstamo social.

b) Concesións graciables.

I. Incapacidade transitoria.

II. Seguro de vida.

III. Defunción.

IV. Axuda escolar.

V. Nupcialidade.

VI. Natalicio.

VII. Economato.

Artigo 6º.-Normas xerais para préstamos.

Alén das particulares establecidas para cada uns dos préstamos, será necesario cumprir coas seguintes.

a) Una vez concedido o préstamo, o beneficiario comprométese a asina-lo correspondente documento-contrato no que se indicará a contía, finalidade do préstamo, prazos de devolución e xuros.

b) En caso de o traballador cesar no servicio de Norte Forestal sen ter liquidado a suma total da débeda contraída, deberá aboar íntegro o importe do que fique a deber. En caso contrario, Norte Forestal, S.A., actuará segundo a lexislación vixente.

c) En caso de morte do traballador, os seus herdeiros subrogaranse na obriga do pagamento contraído polo causante, deducíndose da liquidación ou do seguro de vida a cantidade debida nese momento.

d) En calquera momento do período de amortización do préstamo pode o empregado amortizar total ou parcialmente as cantidades que deba.

e) Os préstamos deben ser retirados no período de tres meses a partir da data de concesión, en caso contrario consideraranse anulados.

f) Non se poderá solicitar un novo préstamo da mesma modalidade sen ter amortizado o anterior na súa totalidade. Non se poderá conceder un segundo préstamo das tres primeiras clases establecidas no artigo anterior na súa alínea a) en canto haxa algún

peticionario que non o percibise por falta de diñeiro no fondo disposto para isto.

g) Non se poderá solicitar un novo préstamo en canto non transcorran tres meses desde a cancelación do anterior. Se esta cancelación se producise antes do tempo de amortización previsto, para poder volver a solicitar outro préstamo o prazo será de seis meses.

Artigo 7º.-Tramitación de solicitudes.

a) Tódalas solicitudes serán dirixidas polo interesado, en carta certificada, ó secretario da comisión paritaria, sendo rexistrados por orde de presentación.

b) Como norma xeral, as solicitudes serán atendidas por orde de antigüidade de presentación, podendo a comisión paritaria, á vista das necesidades, alterar esta orde de prioridade.

c) O interesado que vexa prexudicados sus intereses respecto á petición solicitada poderá expor por escrito os feitos á comisión paritaria para que esta emita un dictame. A comisión estará obrigada a responder nun prazo de quince días hábiles.

Artigo 8º.-Préstamos de vivenda.

En termos xerais, os préstamos de vivenda abranguen os seguintes casos:

a) Para adquisición de terreos para inmediata construcción de vivenda propia.

b) Construcción de vivenda propia.

c) Adquisición de vivenda propia.

d) Mellora de vivenda propia.

Para facer efectivo o préstamo, o traballador terá dúas opcións para elixir:

a) A través de entidades crédito. Norte Forestal, S.A., avalará os créditos obtidos polo empregado ata un máximo de dúas anualidades e primaralle a contía dos xuros segundo o plan de amortización que a entidade de crédito lle conceda ata o 40% dos mesmos. A garantía do pagamento poderase facer mediante hipoteca do ben adquirido construído ou mellorado, e o beneficiario do crédito autorizará a Norte Forestal, S.A. para descontar dos seus haberes o importe das amortizacións non pagas en caso de que a entidade de crédito llas reclamase ó avalista. Norte Forestal, S.A. primará a contía dos xuros ata un crédito máximo de 15.000.000 de pesetas.

b) Alternativamente á anterior modalidade, Norte Forestal, S.A. concederá créditos ata unha contía de 1.000.000 de pesetas sendo o prazo de amortización de tres anos. Este préstamo producirá un xuro a favor de Norte Forestal, S.A. de dous puntos menos do custo medio do diñeiro para a empresa. Para o préstamo solicitado ó abeiro do suposto d), a contía do préstamo será de 500.000 pesetas, sendo o seu prazo de amortización de catro anos, xustificando a mellora realizada. Se a construcción ou adquisición da vivenda non fose dentro do termo municipal da residencia habitual do traballador, as

contas detalladas anteriormente reduciranse á metade. Para os préstamos concedidos ó abeiro do suposto a), o interesado estará obrigado ó inicio da construcción da vivenda nun prazo non superior a un ano e á finalización en dous anos máis contando desde o inicio das obras. Se non fose así, veríase obrigado á devolución do importe concedido.

Artigo 9. Préstamos para adquisición de vehículos.

Norte Forestal, S.A. concederalle a cada traballador que o solicite ata un millón de pesetas para a adquisición de vehículo propio. A amortización será de tres anos e o xuro producido de dous puntos por debaixo do custo medio do diñeiro para a empresa. Os traballadores acollidos a esta modalidade de préstamos estarán obrigados, excepcionalmente, á achega do vehículo para uso da empresa por un período non superior a unha semana.

Artigo 10º.-Préstamo para equipamento doméstico.

Este préstamo refírese a toda clase de utensilios ou artigos indispensables para o benestar do traballador, tales como mobles, electrodomésticos, etc.

A contía máxima que se concederá é de 500.000 pesetas ou o 50% da factura correspondente; o prazo máximo de amortización é de tres anos e o xuro dous puntos por debaixo do custo medio do diñeiro para a empresa. Un traballador que optase a un préstamo desta categoría non poderá solicitar outro semellante ata transcorridos tres anos da súa amortización.

Artigo 11º.-Préstamo social.

É aquel que ten como finalidade cubrir determinadas situacións imprevistas que poidan xurdir ós traballadores como consecuencia de sucesos tales como desgracias familiares e outras necesidades urxentes de solucionar.

A comisión de control será a competente para sinalar estas necesidades, así como a contía que se satisfará dentro das posibilidades de crédito existentes.

O xuro que se aplique será do 0% e o prazo máximo de amortización de tres anos.

Caso de non existiren fondos, a comisión adoptará as medidas necesarias para cubrir tal continxencia.

Artigo 12º.-Fondo para préstamos.

O fondo total que Norte Forestal, S.A. asigna para os préstamos reembolsables é de 15.000.000 de pesetas.

O procedemento, os prazos e asignacións correspondentes serán fixadas anualmente pola comisión paritaria do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Complemento IT.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o cento por cento do salario real do traballador en xornada ordinaria.

Artigo 14º

Para os casos de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social, ata o momento de alta ou ata que se producise a baixa definitiva, nunha contía que supoña que o traballador percibirá (entre a Seguridade Social e a empresa) o 70% de tódolos seus emolumentos, tanto salarios como complementos salariais.

Ademais, a empresa aboará o 30% restante ata o 100% dos emolumentos indicados por un período de tempo que será en función do absentismo individual do afectado, segundo a seguinte escala:

Absentismo individualizadoTempo máximo de pagamento do

do ano anteriorComplemento do 30% no ano

corrente

0 días12 meses

de 1 a 7 días8 meses

de 8 a 14 días6 meses

de 15 a 21 días2 meses

máis de 21 días0 meses

Esta escala quedará sen efecto en caso de enfermidade ou accidente que supoña unha baixa superior a 15 días; neste caso considerarase 0 días de absentismo.

Artigo 15º.-Seguro de vida.

Con independencia da Seguridade Social e o seguro de accidentes de traballo, Norte Forestal, S.A. ten concertada con Musini a póliza número 41.152482, relativa a un seguro de vida.

O capital asegurado en caso de morte natural ou invalidez permanente total será de 70 mensualidades do soldo base, e 140 mensualidades se o falecemento resultar por accidente de traballo, de acordo coas condicións xerais contidas na póliza.

As actualizacións dos capitais asegurados efectuaranse no 1 de xullo de cada ano.

Artigo 16º.-Defunción.

Para axuda dos gastos perentorios e necesarios en caso de falecemento, a empresa fará entrega ós beneficiarios designados na póliza do artigo anterior dun adianto dun 20% da cantidade asegurada.

Artigo 17º.-Axuda escolar.

Esta axuda concederáselles ós empregados de Norte Forestal e ós seus fillos. Terán o carácter de fillos os afillados e/ou sobriños que convivan co empregado e ás súas expensas. Ás axudas para a realización de estudios tamén terán dereito os que pertencesen á empresa ata o momento da súa xubilación e estean na dita situación ou estean na situación de invalidez provisoria ou permanente e total; tamén terán dereito a estas axudas para estudio os orfos de empregados da empresa.

As peticións clasificaranse necesariamente nos grupos seguintes:

a) Grupo primeiro: ensino preescolar e primeiro ciclo de educación primaria.

b) Grupo segundo: segundo e terceiro ciclo de educación primaria e primeiro e segundo da ESO.

c) Grupo terceiro: terceiro e cuarto da ESO, primeiro e segundo de bacharelato e ciclos formativos de nivel medio.

d) Grupo cuarto: ensinanzas universitarias ou de ciclos formativos superiores. Ensinanzas especiais para diminuídos físicos ou psíquicos.

Cando se presente unha solicitude que corresponda a estudios non especificados nestes grupos, a comisión paritaria asimilaraa a un de eles, tendo en conta a duración e o custo do estudio.

A contía do importe da axuda escolar para cada un dos grupos anteriormente especificados será como segue:

Ano 2000Ano 2001Ano 2002

Grupo primeiro:18.38718.87419.224

Grupo segundo:22.98523.56024.031

Grupo terceiro:28.73129.44930.038

Grupo cuarto:35.91436.81237.548

Para optar á concesión da axuda escolar haberá que xuntar á solicitude os comprobantes de ter realizado a matrícula dos estudios que realizan, así como as cualificacións obtidas no curso anterior. Poderán acollerse á axuda os repetidores de primeiro ano, pero neste caso a axuda será dun 80% da correspondente ó seu grupo. Para os repetidores de segundo ano non se concederá axuda escolar.

Artigo 18º.-Nupcialidade.

O empregado de Norte Forestal, S.A. que contraia matrimonio recibirá a cantidade de 60.000 pesetas para o ano 2000, 75.000 pesetas. Para o 2001, 75.000 pesetas para o 2002 e 80.000 para o 2003.

Artigo 19º.-Natalicio.

Por cada fillo nacido ou adoptado establécese unha axuda de 25.000 pesetas para o ano 2000, 30.000 pesetas para o ano 2001, 35.000 pesetas para o 2002 e 40.000 para o 2003.

Artigo 20º.-Nadal.

Atenderase ós gastos que ocasione o agasallo que tradicionalmente se fai a cada empregado con motivo das festas do Nadal. Asígnase a cantidade de 22.000 pesetas para o ano 2000, 22.800 pesetas para o ano 2001, 23.256 para o 2002 e 23.721 para o 2003.

Artigo 21º.-Economato.

Norte Forestal, S.A. aboaralle semestralmente a cada traballador como axuda de economato a cantidade de 11.308 pesetas para o ano 2000, 11.590 para o 2001, 11.822 para o 2002 e 12.058 para o 2003.

Artigo 22º.-Plan de pensións.

Permanece en vigor o plan de pensións de Norte Forestal, S.A., no cal están tódolos traballadores sometidos ó ámbito de aplicación persoal dos beneficios sociais.

Artigo 23º

Fíxase un fondo total de 7.000.000 de pesetas para atende-los desembolsos establecidos nos artigos 13

a 21, ambos inclusive, dos presentes beneficios sociais. O procedemento, prazos e asignacións correspondentes serán designados anualmente pola comisión paritaria do convenio colectivo.

ANEXO I

Representación dos traballadores

Indícase a seguir a lista de compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo para 2000, 2001, 2002, en nome da representación dos traballadores:

Gonzalo Campos Tosar.

David Corral Solla.

Carlos García Val.

Xoaquín Leis Lago.

Alberto Pousada Peña.

Cándido Santiago Abreu.

Alexandro Vázquez Bugallo.

ANEXO II

Comisión negociadora empresa

Indícase a seguir a lista da comisión negociadora do convenio colectivo para 2000, 2001 e 2002, en representación da empresa.

Antonio Conde Manso.

Ricardo Llorente Morales.

ANEXO III

Táboas salariais

Táboa I

NiveisAno 2000Ano 2001Ano 2002Ano 2003

MesAnoMesAnoMesAnoMesAno

185.1001.191.40087.3001.222.20089.1001.247.40090.8821.272.348
291.4001.279.60093.7001.311.80095.6001.338.40097.5121.365.168
397.8001.369.200100.3001.404.200102.4001.433.600104.4481.462.272
4104.1001.457.400106.8001.495.200109.0001.526.000111.1801.556.520
5110.3001.544.200113.1001.583.400115.4001.615.600117.7081.647.912
6116.5001.631.000119.5001.673.000121.9001.706.600124.3381.740.732
7122.8001.719.200125.9001.762.600128.5001.799.000131.0701.834.980
8129.0001.806.000132.3001.852.200135.0001.890.000137.7001.927.800
9135.3001.894.200138.7001.941.800141.5001.981.000144.3302.020.620
10141.5001.981.000145.1002.031.400148.1002.073.400151.0622.114.868
11148.5002.079.000152.3002.132.200155.4002.175.600158.5082.219.112
12157.5002.205.000161.5002.261.000164.8002.307.200168.0962.353.334
13167.5002.345.000171.7002.403.800175.2002.452.800178.7042.501.856
14177.3002.345.000181.8002.545.200185.5002.597.000189.2102.648.940
15187.1002.482.200191.8002.685.200195.7002.739.800196.6142.794.596
16196.9002.756.600201.9002.826.600206.0002.884.000210.1202.941.680

ANEXO III

Táboa II

(Ano 2000)

Complementos salariais

CategoríaBase diaria mínimaIncentivoAxuda comidaCompl. especial

dedicación

Total salario

diario

Total anual

Peón3.837 ptas.384 ptas.500 ptas.0 ptas.4.721 ptas.1.288.833 ptas.

Peón especialista4.067 ptas.407 ptas.500 ptas.0 ptas.4.974 ptas.1.357.902 ptas.

Jefe de cuadrilla4.311 ptas.431 ptas.500 ptas.500 ptas.5.742 ptas.1.567.566 ptas.

ANEXO IV

Cash flow de Norte Forestal, S.A.

OrdeCash flowOrdeCash flow

60,2001.5008,250
120,4001.5508,308
150,5001.6008,367
500,6831.6508,425
1000,9441.7008,483
1501,2041.7508,541
2001,4651.8008,600
2501,7261.8508,658
3001,9871.9008,717
3502,2481.9508,775

OrdeCash flowOrdeCash flow

4002,5092.0008,833
4502,7702.0508,892
5003,0312.1008,950
5503,2922.1509,008
6003,5532.2009,067
6503,8142.2509,125
7004,0752.3009,183
7504,3362.3509,242
8004,5972.4009,300
8504,8582.4509,358
9005,1192.5009,417
9505,3802.5509,475
1.0005,6402.6009,533

OrdeCash flowOrdeCash flow

1.0505,9012.6509,592
1.1006,1622.7009,650
1.1506,4232.7509,708
1.2006,6842.8009,767

OrdeCash flowOrdeCash flow

1.2506,9452.8509,825
1.3007,2062.9009,883
1.3507,4672.9509,942
1.4007,7283.00010,000
1.4507,989

ANEXO V

Cash flow grupo Ence

OrdeCash flowPorcentaxeOrdeCash flowPorcentaxeOrdeCash flowPorcentaxe

10,0000,00000418,0003,708608116,0008,60789
20,2000,02105428,2003,906058216,2008,62895
30,4000,04211438,4004,103508316,4008,65000
40,6000,06316448,6004,300968416,6008,67105
50,8000,08421458,8004,498418516,8008,69211
61,0000,10526469,0004,695868617,0008,71316
71,2000,12632479,2004,893318717,2008,73421
81,4000,14737489,4005,090768817,4008,75526
91,6000,16842499,6005,288228917,6008,77632
101,8000,18947509,8005,485679017,8008,79737
112,0000,210535110,0005,683129118,0008,81842
122,2000,231585210,2005,880579218,2008,83947
132,4000,252635310,4006,078039318,4008,86053
142,6000,273685410,6006,275489418,6008,88158
152,8000,294745510,8006,472939518,8008,90263
163,0000,315795611,0006,670389619,0008,92368
173,2000,336845711,2006,867839719,2008,94474
183,4000,357895811,4007,065299819,4008,96579
193,6000,378955911,6007,262749919,6008,98684
203,8000,400006011,8007,4601910019,8009,00789
214,0000,421056112,0007,6576410120,0009,02895
224,2000,442116212,2007,8551010220,2009,05000
234,4000,463166312,4008,0525510320,4009,07105
244,6000,484216412,6008,2500010420,6009,09211
4,7500,500006512,8008,2710510520,8009,11316
254,8000,549366613,0008,2921110621,0009,13421
265,0000,746826713,2008,3131610721,2009,15526
275,2000,944276813,4008,3342110821,4009,17632
285,4001,141726913,6008,3552610921,6009,19737
295,6001,339177013,8008,3763211021,8009,21842
305,8001,536627114,0008,3973711122,0009,23947
316,0001,734087214,2008,4184211222,2009,26053
326,2001,931537314,4008,4394711322,4009,28158
336,4002,128987414,6008,4605311422,6009,30263
346,6002,326437514,8008,4815811522,8009,32368
356,8002,523897615,0008,5026311623,0009,34474
367,0002,721347715,2008,5236811723,2009,36579
377,2002,918797815,4008,5447411823,4009,38684
387,4003,116247915,6008,5657911923,6009,40789
397,6003,313698015,8008,5868412023,8009,42895
407,8003,5111512124,0009,45000

ANEXO VI

Clasificación do persoal

Persoal de administración.

Técnico titulado: é aquel que, estando en posesión dun título expedido por unha escola técnica superior, facultade universitaria, ou escola técnica de grao medio, exerce correctamente as funcións propias da súa profesión dentro da empresa con autonomía e responsabilidade directa.

Oficial de 1ª administrativo: é o que, actuando ás ordes dun xefe se o houber, ten ó seu cargo un servicio determinado, dentro do cal obra con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ó seu cargo. Impulsa expedientes, realiza correc

tamente traballos e xestións administrativas de importancia.

Oficial de 2ª administrativo: é o que efectúa de forma adecuada funcións administrativas de carácter secundario, con iniciativa e responsabilidade restrinxida, tales como: traballos auxiliares de contabilidade, confección e/ou codificación e cálculo destas, estatísticas, comprobacións, resumos, etc. Realiza igualmente o manexo de máquinas contables e pantallas de informática.

Auxiliar administrativo: é o que realiza operacións elementais administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ó traballo daquelas, tales como arquivo, cálculos sinxelos, manexo de máquinas calculadoras equipos informáticos, recepción telefónica etc.

Persoal de informática.

Programador de aplicacións: é quen estudia os procesos complexos informáticos, confeccionando organigramas detallados do tratamento información. Redacta programas na linguaxe que lle sexa indicada e realiza probas de ensaio deles. Atende á mellora na eficacia das aplicacións xa existentes e establece as medidas correctoras oportunas.

Deberá coñece-las linguaxes de programación coas que habitualmente traballe, con experiencia que lle permita resolver por si mesmo a práctica totalidade dos problemas que se lle presenten na definición e resolución de programas.

Operador de consola: é quen manipula e controla ordenadores dotados dun sistema operativo complexo nun ámbito de multiprogramación, e mediante supervisión realiza programas sinxelos, levando a cabo as probas e verificacións de resultado deles. Encargarase do sistema de arquivo de documentación informática, esquemas de instalación, cadernos de explotación e usuario.

Deberá coñece-lo sistema operativo dos equipamentos no que atinxe a comandos de operatoria do sistema e as normas esixidas polo fabricante do ordenador para o correcto funcionamento deste, así como as normas de seguranza e disposicións de resgardo e copias de ficheiros para evitar posibles perdas de información.

Persoal de campo.

Encargado: é o traballador que baixo as ordes do empresario, leva por delegación deste e baixo a súa supervisión, a dirección e organización dos traballos no monte, entre os que cabe destacar: silvicultura, repoboacións, medición, adquisición e/ou explotación de madeira, etc.

Operador de máquina: é aquel que, estando en posesión da titulación correspondente e cos coñecementos necesarios, desenvolve as súas tarefas con maquinaria pesada forestal, tal como procesador, tractor forestal, autocargador, etc. tendo ó seu cargo o mantemento e conservación dela.

Xefe de cuadrilla: é o traballador encargado de organizar e dirixi-lo traballo dun grupo de traballadores; está baixo as ordes do encargado e colabora con el en funcións.

Peón especialista: é o traballador que manexa correctamente ferramentas manuais ou mecánicas tales como machado, motoserra, toradora, etc.; ben para pincha-la árbore ou, se é o caso, abrir brecha no tronco e ramas grosas dos que se van pinchar, ben para realizar traballos de limpeza.

Manexará tamén as cuñas metálicas para dirixir a caída dos fustes. Saberá realiza-las operacións de cortar polo pé, tronzadura e derrama da árbore.

Peón: é quen se ocupa de traballos de explotación e/ou silvicultura que soamente requiren a achega

de esforzo físico con ou sen utilización de ferramentas manuais. Realizará, entre outras, as seguintes tarefas: reunión de toros, empilamento de ramas, plantacións, etc.