Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de marzo de 2001 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Riscos Relacionados coa Exposición a Axentes Biolóxicos.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda probado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo enténdese con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO

Título: Riscos Relacionados coa Exposición a Axentes Biolóxicos.

Precio: 1.800 pesetas (nas versións en idioma galego e en idioma castelán).