Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 19 de marzo de 2001 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado pola Orde do 18 de xaneiro de 2001.

O Decreto 288/1994, do 30 de setembro, (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995 do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4 (publicada corrección de erros no DOG nº 13, do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia ás seguintes persoas:

1. Presidente:

Pura Vázquez Iglesias, proposta polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Vocais:

Ramón Castromil Ventureira, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Xosé Ramón Barreiro Fernández, proposto pola Real Academia Galega.

Luis Iglesias Feijoo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

Víctor Alonso Troncoso, proposto pola Universidade da Coruña.

Xosé Manuel Cid Fernández, proposto pola Universidade de Vigo.

Julio A. Fernández Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario.

Agustín Sixto Seco, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Alfonso Zulueta de Haz, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

3. Secretario:

Homero José María Pérez Quintana, director xeral de Promoción Cultural.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo