Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de marzo de 2001 pola que se anuncian as probas específicas de ingreso para o curso académico 2001/2002 no INEF de Galicia.

O R.D. 1423/1992, do 27 de novembro, sobre incorporación á universidade das ensinanzas de educación física, establece no seu artigo 3 que as universidades, en atención ás aptitudes indispensables para a aprendizaxe das materias ou disciplinas propias das ensinanzas de educación física, poderán efectuar a quen solicite inicia-los ditos estudios, probas de avaliación das aptitudes persoais para a actividade física e o deporte que, en ningún caso, consistirán en probas de coñecemento e só outorgarán a cualificación de apto ou non apto.

De acordo coas previsións anteriores e demais normativa de aplicación, a convocatoria das probas específicas de acceso ó INEF de Galicia para o curso académico 2001/2002 rexeranse polas seguintes

Bases

Primeira.-Número de prazas.

O número de prazas para cursar estudios no INEF de Galicia estará distribuído do seguinte xeito:

130 alumnos de primeiro curso e 32 para alumnos que accedan ó segundo ciclo (Orde do 11 de outubro de 1994; BOE nº 250, do 19 de outubro).

Segunda.-Acceso ó INEF de Galicia.

* Acceso ó primeiro ciclo.

Regularase polos prazos e procedementos establecidos pola CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) de acordo coa lexislación vixente.

Polas peculiaridades do centro e o acceso a el deberase ter en conta o seguinte:

-No caso de que os aspirantes a cubri-las prazas de deportistas de alto nivel non cumpran os requisitos expostos no R.D. 69/2000 (artigo 18), as prazas

sobrantes neste cupo serán cubertas con deportistas galegos de recoñecido prestixio, a criterio da CIUG, logo de informe do tribunal das probas específicas, vista a proposta do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os admitidos neste cupo estarán exentos da realización de probas específicas.

-No caso de que os aspirantes que, acreditando minusvalidez, non cumpran as condicións recollidas no R.D. 69/2000 (artigo 17), deberán realizar, por proposta do tribunal das probas específicas, as ditas probas de forma adaptada individualmente (R.D. 69/2000, disposición adicional primeira).

O tribunal poderá modifica-los protocolos e baremos das probas específicas, tendo en conta as características teórico-prácticas dos estudios de ciencias da actividade física e do deporte e a posible adaptación deles nos casos que poidan presentarse.

As prazas referidas neste punto serán ocupadas prioritariamente polos aspirantes que reúnan as condicións sinaladas no real decreto mencionado anteriormente.

* Acceso ó segundo ciclo (só para mestres especialidade educación física).

Os que soliciten o acceso ó 2º ciclo deberán matricularse nas probas específicas e segui-lo disposto pola universidade, en canto a procedementos e prazos para a súa preinscrición.

Terceira.-Solicitude de matrícula para a realización das probas específicas.

Normas de inscrición.

As persoas que desexen tomar parte nas probas de ingreso cursarán a súa solicitude utilizando os impresos normalizados, dirixidos ó director do INEF de Galicia, de acordo cos prazos sinalados nestas bases.

Os impresos normalizados, as bases da convocatoria, as instruccións de matrícula e os anexos desta orde poden recollerse nos seguintes lugares:

-Secretaría do INEF de Galicia. Pazo de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña). Teléfono 981 16 70 00.

-Servicio de Asesoramento e Promoción do Estudiante (SAPE), Campus da Zapateira, s/n. A Coruña. Teléfono 981 16 70 00.

-Servicios Centrais da Secretaría Xeral para o Deporte. Estadio Multiusos San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 26 20 e 981 54 26 47.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Complexo Deportivo de Elviña (O Birloque). A Coruña. Teléfono 981 13 24 43 e 981 13 27 12.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Edificio Administrativo, rúa Ronda da Muralla, 70-4ª planta. Lugo. Teléfono 982 29 45 66.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Avda. da Habana, nº 105-5º. Ourense. Teléfono 988 38 60 44.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa Padre Fernando Olmedo, nº 3. Pontevedra. Teléfono 986 86 11 17.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa México, nº 41-43, 1º esq. Vigo. Teléfono 986 48 15 34.

Os aspirantes entregarán as solicitudes nas oficinas do INEF de Galicia, persoalmente ou ben a través de correo certificado. Será de aplicación o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro dos prazos sinalados e de acordo coas seguintes condicións.

A documentación que se deberá presentar é a seguinte:

-Solicitude dirixida ó director do INEF de Galicia en impreso normalizado.

-Tarxeta de exame debidamente cuberta, con fotografía adherida.

-Fotocopia compulsada do DNI.

-Certificado médico expedido en impreso oficial do colexio de médicos en data recente (máximo dous meses) no que se faga constar literalmente que non existe ningún tipo de contraindicación que impida o normal desenvolvemento da súa actividade discente e a realización de probas físicas de máximo esforzo.

-Xustificante de aboa-los dereitos de exame, que se realizará mediante impreso contable para tal fin.

-Un sobre tamaño cuartilla, franqueado e co enderezo habitual do aspirante.

Os aspirantes que desexen ser incluídos como deportistas de alto nivel deberán:

-Solicitar expresamente na instancia dirixida ó director do INEF de Galicia o seu desexo de acceder ó mencionado centro como tales.

-Presenta-la consideración de deportistas de alto nivel outorgada polo Consello Superior de Deportes ou, no seu defecto, xuntar historial e currículum deportivo certificado pola federación galega ou española correspondente.

Os aspirantes incluídos na cota de minusvalidez deberán:

-Solicitar expresamente na instancia dirixida ó director do INEF de Galicia o seu desexo de acceder ó mencionado centro como tales.

-Xuntar na súa documentación a certificación oficial de minusvalidez.

Deberá realizarse a preinscrición na licenciatura de ciencias da actividade física e do deporte no

LERD que lle corresponda e nos prazos e procedementos sinalados pola CIUG.

Cuarta.-Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será de 7.652 pesetas.

Os que acrediten pertencer a familia numerosa de 1ª categoría aboarán o 50% dos dereitos de exame.

Os que acrediten pertencer a familia numerosa de 2ª categoría están exentos de aboa-los dereitos de exame.

Os fillos de funcionarios do Ministerio de Educación, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Educación e Extensión Universitaria están exentos de aboa-los dereitos de exame.

Quinta.-Prazos de matrícula.

O prazo de matrícula para as probas específicas será do 21 de maio ó 1 de xuño, ámbolos dous días incluídos. O día 11 de xuño, o tribunal publicará as listas provisionais de admitidos e excluídos (co correspondente motivo da exclusión) nos taboleiros de anuncios do INEF de Galicia, e abrirase un prazo de reclamación de 10 días naturais, a partir do que se publicarán as listas definitivas.

Sexta.-Probas específicas de acceso.

Regulamento.

Con dez días de antelación, como mínimo, no taboleiros de anuncios do INEF de Galicia, publicarase o regulamento das probas específicas, polo que se rexerán as condicións e o desenvolvemento delas, e a composición do tribunal que xulgará as ditas probas.

As probas específicas terán lugar nas instalacións do INEF de Galicia.

Puntuacións.

Para obter praza no INEF de Galicia, o aspirante terá que conseguir polo menos a puntuación A en catro das cinco probas e a B na quinta, aplicando posteriormente os criterios xerais de acceso á universidade.

Descrición e orde de realización.

Consistirá na realización de 5 probas de aptitude para a actividade física e o deporte, cunhas puntuacións A e B, conforme o baremo que se recolle no anexo I desta orde e seguindo a seguinte orde:

Bloque 1: proba de adaptación ó medio acuático.

Bloque 2: proba de axilidade no chan. Proba de carreira de obstáculos (esta proba realizarase a cuberto). Proba de axilidade co balón.

Bloque 3: proba de resistencia cíclica.

As probas do bloque 2 poderán modifica-la súa orde en función das necesidades de organización. Cando o rendemento do aspirante nunha proba sexa

interferido por motivos alleos á súa vontade, e a xuízo do tribunal, o aspirante poderá repeti-la proba.

Sétima.-Aptos e matrícula definitiva.

Oportunamente, publicarase a relación provisional de aptos e abrirase un prazo de cinco días naturais para posibles reclamacións; posteriormente farase pública a relación definitiva de aptos no taboleiros de anuncios do INEF de Galicia e tramitarase á CIUG, quen convocará a matrícula dos alumnos nas probas específicas de acordo cos criterios xerais de acceso á universidade.

O apto nas probas específicas de acceso ó INEF de Galicia nesta convocatoria manterase durante os 2 cursos seguintes (2002-2003 e 2003-2004).

Os alumnos que nas probas específicas de acceso ó INEF de Galicia durante o curso 2000-2001 obtiveron o apto non terán que realizalas novamente este curso, pero deberán observa-lo disposto pola CIUG para o acceso á universidade.

Oitava.-Tribunal.

As probas específicas serán xulgadas por un tribunal nomeado polo rector da Universidade da Coruña, por proposta da dirección do INEF de Galicia, formado por profesores deste e que estará presidido polo director do centro ou persoa en quen delegue (artigo 5 da Orde do 29-10-1982).

A categoría do tribunal será do grupo 1º.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

BAREMO DAS PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO Ó INEF DE GALICIA PARA O CURSO 2001-2002

Bloque 1º

Adaptación ó medio acuático

Marca A Marca B

Homes: 46''Homes: 48''53

Mulleres: 53''4Mulleres: 56''

Bloque 2º

Proba de axilidade no chan

Marca A Marca B

Homes: 7,3Homes: 6,7

Mulleres: 7,3Mulleres: 7,3

Proba de carreira con obstáculos

Marca A Marca B

Homes: 8''90Homes: 9''20

Mulleres: 10''55Mulleres: 11''

Proba de axilidade con balón

Marca A Marca B

Homes: 95''Homes: 102''

Mulleres: 145''Mulleres: 155''

Bloque 3º

Proba de resistencia cíclica

Marca A Marca B

Homes: 9'Homes: 9'14''

Mulleres: 11'10''Mulleres: 11'26''