Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2001, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Polo Real decreto 231/1998, do 16 de febreiro (BOE nº 54, do 4 de marzo) traspásanse os medios adscritos ó Parque Móbil Ministerial do Ministerio de Economía e Facenda á Comunidade Autónoma de Galicia, medios que foron asumidos polo Decreto 81/1998, do 5 de marzo (DOG nº 52, do 17 de marzo) e asignados á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal da consellería e da Secretaría Xeral para o Deporte ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 29 de marzo de 2001,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos deste acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de marzo de 2001, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública