Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.116

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, para efectos de cumpri-lo disposto na disposición adicional vixésimo terceira da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, trala súa redacción polo artigo 75.dous da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e de acordo cos termos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse os titulares de artefactos flotantes, tales como bateas, mexilloeiras, viveiros flotantes así como outras instalacións destinadas a actividades de acuicultura situadas nas láminas de auga integradas no dominio público portuario ós que non puidese realizarse notificación persoal, a formalizar perante ela a solicitude do outorgamento do correspondente título administrativo habilitante da ocupación, autorización ou concesión, segundo proceda.

A solicitude deberá cursarse no prazo do mes seguinte ó da publicación deste anuncio, conside

rándose en precario aqueles que non atendan tal obriga dentro do referido prazo, para os efectos legais pertinentes.

F. Javier Martín Santo Domingo

Director