Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 90/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Mesón-A Grela variante tramo subterráneo entre os apoios nº 285 e nº 289.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: modificación da instalación eléctrica existente denominada L.A.T. 66 kV Mesón-A Grela consistente en: substituír tramo aéreo entre os apoios nº 285 e nº 289, implantando os novos apoios 286A e 288A para pasos aéreo-subterráneos con torres metálicas en celosía e autoválvulas de protección e conductor subterráneo, baixo tubo de 600 m de lonxitude, tipo R.H.Z.1 de 66 kV e 3x (1x630) mm Al, en gabia de 1,6 m de profundidad e 1,2 m de largo, instálase tamén cable de fibra óptica tipo Pirelli-OPSYCOM ASDL de 24 fibras para comunicacións. O tramo subterráneo discorrerá por vías da urbanización Valaire, no lugar de Altamira-A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña