Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febrerio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32045 Ourense.

Denominación: subestación S. Cibrao 132/20-Nova posición 132 kV O Carballiño.

Situación: polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: na subestación de 132/20 kV (expediente 1114-A.T.) do polígono industrial de San Cibrao das Viñas ampliarase ó parque de 132 kV cunha nova posición de liña: O Carballiño 132 kV, co que estará constituída por: simple xogo de barras en 132 kV para as posicións de liña seguintes: 102-Os Peares, 104-Barbaña, 107-Allariz e 106-O Carballiño; dúas posicións de transformador: trafo-I e trafo-II; unha posición para medida de tensión en Barras, transformadores de tensión de liña, e de intensidade, interruptores, seccionadores, embarrado, pararraios autoválvulas e transformadores de tensión en barras, todo isto de intemperie.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de febrero de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense