Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 86/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de L.M.T.A. na estrada de Catabois.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: recuamento da liña aérea L.M.T. subterránea nun percorrido de 315 m, a 20 kV, desde a subestación de Santa Mariña ata as inmediacións do C.T. Porta de Neira, en dobre circuíto, en conductor R.H.V. 12/20 kV e 240 mm Al, no Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña