Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2001, do recadador de zona de Lugo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Langarón Fernández, Luis Miguel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (zona de recadación de Lugo, rúa Conde 30, Lugo), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 19 de febreiro de 2001.

Roberto Vázquez Fermoso

Recadador de zona de Lugo

ANEXO

Providencia: 00270140200.

Debedor: Langarón Fernández, Luis Miguel.

NIF/CIF: 09381427A.

Obxecto débeda: Trans. Exp. 1998/07637.

Liq: 600802465499.