Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (969/2000).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber: que nos autos nº 969/2000 seguidos por instancia de María del Mar Rial del Río contra Pribarking Aire y Refrigeración, S.L. y Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 22-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por María del Mar Rial del Río, contra a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante, e non sendo posible a readmisión por peche da empresa, debo declarar resolta a relación laboral entre as partes desde a data desta resolución, condenando o dito demandado a estar e pasar por tal declaración a que faga o pagamento da suma de 19.624 pesetas en concepto de indemnización máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, coa absolución do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de que se depositou na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, a cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60 e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación á empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Juan Montes, 32, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de febreiro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado