Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (608/2000).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber: que nos autos nº 608/2000 seguidos por instancia de José Villaverde Ríos contra Reformas y Aire, S.L. e outro sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 22-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por José Villaverde Ríos, contra as empresas Reformas y Aire, S.L. e Orlando Fariña García debo condenar e condeno á empresa Reformas y Aire, S.L. a que faga o pagamento ó demandante na suma de 776.529 pesetas, coa absolución da empresa Orlando Fariña García e do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle a este último.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poden anunciar ante este xulgado dentro dos cinco días, seguintes á notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo do depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, a cantidade obxecto da condena, nº identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, nº identificador 5602-65, sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Reformas y Aire, S.L. e Orlando Fariña García que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Caracas 11-A, Meicende, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de febreiro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado