Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 133/2000 se acordou citar a Juan Elías Pintos Costas, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 4 de abril ás 11.10 horas compareza na sala de audiencia desde xulgado, co obxecto de asistir ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, prevíndoo de que de non o facer recaerán sobre el os prexuízos que correspondesen segundo dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Juan Elías Pintos Costas, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catorce de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado