Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.103

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (121/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 121/2000 se acordou citar a Iván Pallas Paz e a Francisco Pallas Paz, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 4 de abril ás 10.30 horas, comparezan na sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de asistiren ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, prevíndoos de que de non facelo recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Francisco Pallas Paz, Iván Pallas Paz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catorce de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado