Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.103

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 22 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 14 de marzo de 2001, resolucións estimatorias dos recursos formulados respectivamente por Ana María Gómez Pérez y María Lourdes López Otero, contra a Resolución do 22 de xaneiro de 2001, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 22 de xaneiro de 2001 (DOG nº 17, do 24 de xaneiro), lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións das interesadas, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 22 de xaneiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, cos datos siguientes:

Ana María Gómez Pérez, DNI: 33.287.364, lista B, puntuación: 8,440 puntos, no posto número 36 para o ámbito D0000, no posto número 34 para o ámbito D1500 e no posto número 29 para o ámbito D3600.

María Lourdes López Otero, DNI: 32.807.009, lista B, puntuación: 7,740 puntos, no el posto número 41 para o ámbito D0000, no posto número 39 para o ámbito D1500, no posto número 28 para o ámbito D2700, no posto número 28 para o ámbito D3200 e no posto número 34 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA