De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 22 de febreiro de 2001.
Pedro J. Arbolí Albarracín
Delegado territorial de Vigo
ANEXO
Interesado Procedemento
DNI: non consta
Doctor Corbal, 8-1
Redondela Expte : D-146/99. Doc. 651400040542
DNI: non consta
Chantada, 18
Vigo Expte: D-264/98. Doc.651600113815 e 651600113816Cabaleiro Álvarez, Daniel
Imposto de sucesións e doazóns
Solla Alonso, Adelaida
Imposto de sucesións e doazóns