Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001 pola que se ofertan predios obxecto de transmisión, en virtude de contratos de mandato formalizados con determinados cedentes, ó abeiro do disposto na Orde do 27 de marzo de 2000, en relación co programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 27 de marzo de 2000 (DOG nº 66, do 4 de abril), define as normas para a aplicación dun programa de axudas ó cesamento anticipado da actividade agraria na que, conforme o disposto no artigo 9, o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), se constitúe como servicio de transmisión, encargado de realiza-las actividades administrativas de mediación entre cedentes e cesionarios, nos supostos en que se subscriba contrato de mandato, en modelo oficial, entre o cedente e o director do devandito instituto.

Pola súa banda, mediante resolución da dirección do Ilgga, do 14 de xuño de 2000 (DOG nº 134, do 11 de xullo), publicouse, no seu anexo II, o modelo oficial de contrato de mandato entre o mandante-cedente (titular dunha explotación que se acolle ó cesamento anticipado na actividade agraria) e o representante do servicio de transmisión.

Ó abeiro do disposto no artigo 9.3º da dita orde, o Ilgga ofertará, por conta e nome do cedente, os predios obxecto de transmisión nos correspondentes contratos de mandato, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, dunha relación de propietarios, predios, superficies destes, concellos nos que se localizan, e réxime no que se oferta a transmisión, así como, se é o caso, os dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas.

Posto que determinados titulares de explotacións formalizaron contrato de mandato co servicio de transmisión, mediante esta resolución, o Ilgga, con base na previsión do devandito artigo 9.3º, oferta dos predios dos titulares de explotacións agrarias (mandantes), acollidos ó cesamento anticipado.

Xa que logo, con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Oferta de predios obxecto de transmisión.

Conforme o previsto no artigo 9.3º da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 27 de marzo de 2000, e nas condicións establecidas no contrato de mandato asinado, por unha parte, polos mandantes-cedentes, titulares de explotacións acollidos ó cesamento anticipado na actividade agraria e, por outra, polo Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), como servicio de transmisión, este oferta, en nome e por conta daqueles, os predios especificados no anexo I desta resolución, no réxime de oferta que se indica.

Segundo.-Solicitudes para acollerse á oferta.

Os potenciais cesionarios, agrarios ou non agrarios, interesados en acollerse á oferta de transmisión, achegarán un escrito, dirixido á Dirección do Ilgga (sita na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15704 Santiago de Compostela), no que manifesten o seu interese en ser cesionarios dos predios ofertados.

Terceiro.-Traslado ós cedentes.

Dos escritos presentados no servicio de transmisión darase oportuno traslado ós propietarios dos predios ofertados, co fin de obte-la súa conformidade, coa conseguinte formalización da transmisión no réxime de oferta que corresponda.

Cuarto.-Utilización das terras cedidas.

Na formalización da transmisión que se efectúe entre o cedente e o cesionario deberá consta-la obriga deste de que as terras cedidas, calquera que sexa o seu destino, se utilizarán en condicións compatibles coa conservación ou a mellora do ambiente, do espacio natural e do campo, en cumprimento do previsto no artigo 8.4º da Orde do 27 de marzo de 2000.

Quinto.-Exposición pública.

Esta resolución exporase nos servicios provinciais do Ilgga na Coruña, así como na Axencia de Extensión Agraria de Ferrol.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

ANEXO I

Propietario: José Díaz Fernández

Expediente: 15/2000/01224

ProvinciaConcelloPolígonoParcelaSup. agraria

(en hectáreas)

Réxime de

oferta

A CoruñaNarón5082360,1385Arrendamento
A CoruñaNarón5082440,1699Arrendamento
A CoruñaNarón508306-a0,1427Arrendamento
A CoruñaNarón508306-b0,1488Arrendamento
A CoruñaNarón42730,0636Arrendamento
A CoruñaNarón5110,2308Arrendamento
A CoruñaNarón5081890,1938Arrendamento
A CoruñaNarón5083480,0812Arrendamento

Total superficie agraria (en hectáreas)1,1693