Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001 pola que se rectifican erros na do 13 de marzo de 2001 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na publicación da Resolución do 13 de marzo de 2001 (DOG nº 55, do luns 19 de marzo), pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia, rectíficase no senso seguinte:

* Curso: Lei de axuizamento civil (17 edicións).

Na páxina 3.474, columna dereita, punto 4.5 onde di: «O certificado de asistencia non computará para

os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.», debe dicir: «O certificado de asistencia computarase para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.».

* Curso: Lei de responsabilidade penal dos menores (4 edicións).

Na páxina 3.475, columna esquerda, punto 4.5 onde di: «O certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.»., debe dicir: «O certificado de asistencia computarase para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro, e 296/1996, do 23 de febreiro.».

O prazo de presentación de solicitudes prorrogarase 10 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública