Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 31-1-2001, o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación centro-sur número 12 (rúa Montirón), solicitado por Construcciones y Promociones J. Díaz Fernández, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 12 de febreiro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Xosé C. López Orozco

Alcalde